Xuvenís: Perlío, 4 - Numancia, 3

A.D.R. Numancia de Ares. Juveniles 2012-2013. Perlió, 4 - Numancia, 3. Os PinaresHoxe tocou cruz.
En encontro da segunda xornada da liga de xuvenís o Perlío derrotou o Numancia por 4 a 3 remontando así o 1-3 con o que se chegou ó descanso.

Os Pinares - Perlío (Fene) 10 de novembro de 2012.

 

Aliñacións:

Perlío: Jonatan, Diego, Deive (Borja 81'), Miguel, Rafa, Alex (Saavedra 87'), Fabio (Mariño 46'), Adrián, Iván (Cacheiro 46'), Jaime e Carlos.

Numancia: Carlos Arnoso, Miguelito (Miguel 37'), Darío, Adrián, Alberto, Marcelo, Martín, Ángel, Borja e Andrés Novoa (José Manuel 65').

Árbitro:D. Rodrigo Serrano Naveiras, amoestou con cartón amarelo a Carlos polo Perlío e a Pepe e Marcelo polo Numancia.

Goles: Carlos, Cacheiro, Alex e Adrián para o Perlío e Martín (2) e Ángel para o Numancia.

Se a semana anterior os aresanos eran capaces de superar un 0-2 en contra e remontarlle o partido ó Narón, hoxe trocou a sorte e vieron como acabaron saindo derrotados de Os Pinares despois de finalizar a primeira parte con ventaxe de 1 a 3.

1-0 (Min.  6): Entrada pola esquerda do Perlío con chegada á liña de fondo, a defensa aresana queda parada e permite ao xogador local ceder ao centro da área para que Carlos inaugure o marcador.
1-1 (Min. 12): Combinación por banda esquerda con  pase de Marcelo a Martín este a Ángel na media lúa e devolución a Martín novamente que desde dentro da área pon o balón ao pau longo lonxe do alcance do porteiro local.
1-2 (Min. 37): Recuperación en defensa do Numancia con pase de Pepe a Borja no medio campo e apertura de este cara á dereita para a chegada de Alberto, quen pon un centro ao segundo pau que remata Ángel de cabeza, adiantando así ao equipo visitante.
1-3 (Min. 41): Balón solto que chega a Martín en tres cuartos de campo rival para que de fronte a porta envíe un forte disparo que entra axustado ao traveseiro polo centro da portaría.
2-3 (Min. 64):Despexe que queda solto ao bordo da media lúa e ante a indecisión da defensa aresana, Cacheiro anota de forte disparo que  sorprende a Carlos.
3-3 (Min. 83): Falta lixeiramente ladeada á esquerda da media lúa que executa Alex. O balón toca na barreira e sorpende a Carlos que non pode facer nada por evitar o tanto.
4-3 (Min. 85): Saída en contra ataque dos locais con balón en longo pola dereita a Adrián que sorprende á zaga do Numancia e chegando en carreira adiántase á saída da meta aresano para anotar o resultado definitivo.

O encontro amosou un Numancia que saiu algo atenazado ata encaixar o primeiro tanto para facerse dono do centro do campo na primeira metade a acadar unha renda cómoda no marcador. A lesión de Miguel trastocou os plans dos visitantes que marcharon ós vestiarios con 1-3 o seu favor.

Tras o descanso  os locais sairon a por todas e pasaron a dominar o encontro. Os visitantes dispuxeron de algunha contra que non foron quen de aproveitar para pechar o partido.  A chave da derrota estivo na perda do control no centro do campo na segunda metade, acompañado de despiestes defensivos, erros na toma de decisións en ataque e algo de mala sorte en xogadas puntuales, pero decisivas.

A pesar da derrota hai que agradecer o esforzo que están a realizar estes xogadores na súa maior parte novos na categoría e que están  presentando batalla ata o último minuto sen baixar os brazos.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.