XUVENÍS. R. SAN PEDRO, 7 - NUMANCIA, 1.

ADR Numancia de Ares. Xuvenís 2012-2013. R. San Pedro 7 - Numancia 1. A Gándara 14/10/12.SEVERO CASTIGO Á MALA SORTE

O San Pedro impúxose con claridade e rotundidade a un Numancia decimado polas baixas.

 


A Gándara 14 de outubro de 2012.

ALIÑACIONS:

R. SAN PEDRO: Mohammed, Víctor Sixto (Joimer 61´), Jesús, Ayoub, Mario, Mubarik, Joan, Raúl (Carlos 82´), Serxio (Víctor Neira 71´), Germán e Daniel (Jonatan 53´).

NUMANCIA: Cristián (Agustín 68´), Miguelito, Pepe, Adrián, Darío, Alberto (José Manuel 65´), Miguel, Martín, Ivi, Roque e Novoa.

COLEXIADO: Antonio Belizón Flores. Sin Incidencias.

GOLES:

R. San Pedro: Joan (min. 12), Serxio (4) (min. 13, 17, 48 e 62), Jonatan (min. 80) e Víctor Neira (min. 88).

Numancia: Pepe (min. 35).

Partido claramente dominado e gañado por un equipo local que impuxo o seu maior poderío físico e que apenas deu opción a un conxunto numantino con algunhas baixas importantes e que houbo que sumar ao xa decimada plantilla.

O Numancia viuse cun parcial de 3 - 0 en apenas cinco minutos, cando aínda levabamos quince de partido. Á media hora de xogo Pepe maquillaría o resultado cun bonito gol de libre directo e con 3 - 1 marcharíamos ao descanso.

Na segunda metade as cousas non mellorarían, o cansazo pola acumulación de partidos dalgúns dos xogadores comezaría a causar efecto e con apenas cambios no banco os de Ares sucumbiron ante o maior poderío físico do San Pedro. Os goles foron caendo un tras doutro ata o resultado final de 7 - 1 a favor do San Pedro.

Revés para o Numancia no último tramo copeiro despois dunha máis que notable actuación. A mala sorte cebouse cos de Ares nestas dúas últimas xornadas botando por terra toda a boa campaña feita ata o momento. Que lle imos facer.
Animo rapaces e levade a cabeza ben alta, isto só é unha focha. Xa virán tempos mellores.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.