Inicio Noticias Xuvenís XUVENÍS. NUMANCIA 5 - MIÑO 5.
 
 

XUVENÍS. NUMANCIA 5 - MIÑO 5.

ADR Numancia de Ares. Xuvenís 2012-2013. Numancia 5 - Miño 5. Prados Vellos 12/10/12.NON APTO PARA CARDÍACOS

Vibrante partido, con moitos goles, alternancia no marcador, e resultado incerto ata o asubío final.

 


Prados Vellos 12 de outubro de 2012.

ALIÑACIONS:

NUMANCIA: Cristián (Xaime 46´), Miguelito, Pepe, Adrián, Darío, Martín, Borja, Roque, Ivi, Iván (Alberto 42´) e Novoa (Miguel 63´).

MIÑO: Martín, Borja (Iván 56´), Diego Martínez, Adrián, Diego Pérez (Asdrubal 81´), Pablo, Alex, Ramón, Sergio, Fernando e Raúl (Jony 46´).

COLEXIADO: Víctor M. García Villaverde. Amoestou a Borja e Darío polo Numancia e a Ramón polo Miño. Resultaron expulsados Xaime do Numancia e Alex do Miño.

GOLES:

Numancia: Borja (4) (min. 5, 62, 71, 87) e Roque (min. 55).

Miño: Alex (min. 30), Diego Pérez (min. 49), Jony (min. 57), Fernando (min. 77) e Adrián (min. 89).

 



Antes de dar comezo o partido gardouse un respectuoso minuto de silencio en recordo de D. Ramón Seijo, o cal foi arbitro da Delegación de Ferrol e posteriormente Secretario do Colexio de Árbitros, e tamén por Dª. Manuela Figueiroa, avoa do xogador do Miño Adrián Ramos. Descansen en paz.

Primeira metade claramente dominada nos trinta primeiros minutos de xogo polo equipo numantino. Os de Ares durante este período dispuxeron de varias ocasións de gol para irse ao descanso con clara vantaxe no marcador, pero que non materializaron, en parte debido ás boas intervencións do gardameta do Miño. O primeiro gol local chegaría no minuto cinco nunha xogada por banda esquerda que inicia Novoa, pase cara ao centro sobre Iván quen prolonga sobre Borja para que éste gañe as costas da defensa e bata por baixo a Martín. Despois deste gol os de Ares terían ata catro grandes ocasións para sentenciar, pero como dixemos, non souberon materializar. No minuto trinta de xogo, e nunha das escasas chegadas do Miño á porta aresana, Alex en pugna con Miguelito facíase co balón e de forte disparo dende o lateral da área pequena empata para o Miño. Este gol meteu ao conxunto visitante de cheo no partido e pouco a pouco foronse apoderaron do centro do campo en detrimento dun Numancia que a medida que pasaban os minutos decaeu na intensidade do xogo que tivera na primeira media hora de partido. Nos últimos quince minutos que restaron de primeira metade viuse un partido máis igualado con algunhas ocasións en ambas as dúas portarías, pero finalmente iríamonos a descaso con empate a un gol.

A segunda metade foi trepidante, intensa, con moitos goles e dende logo non apta para cardíacos. Este período estivo caracterizado por un enorme dispendio físico por parte de ambos os dous equipos, pois ningún deu o partido por perdido, e loitouse pola vitoria ata o último segundo.

Esta é a crónica dos acontecementos:

Min 49 un fallo defensivo dos de Ares propicia que Diego Pérez marque para poñer por diante ao Miño (1 - 2).

Min 55 empata o Numancia despois dun forte disparo de Borja que rexeita Martín e aproveita Roque para enviar ao fondo das mallas (2 - 2).

Min 57 Jony aproveita un erro de Xaime e volve poñer por diante ao Miño (2 - 3). Na xogada do gol resulta expulsado o porteiro local quedando os de Ares en inferioridade numérica.

Min 62 forte disparo de Iván que pega nun defensor, o balón sae en parábola e Borja de costas á portaría e de chilena empata de novo para os de Ares (3 - 3).

Min 63 o Miño quédase con dez pola expulsión de Alex.

Min 71 Borja aproveita un balón en profundidade para de vaselina superar a saída do porteiro e volver poñer de novo ao Numancia por diante no marcador (4 - 3).

Min 77 balón en profundidade sobre Fernando, o gardameta numantino quédase a media saída, Fernando dríblao e marca a porta baleira, de novo táboas no marcador (4 - 4).

Min 87 forte pelotazo dende campo propio de Martín que colle a todo o equipo visitante adiantado, o balón chega a Borja quen se interna na área, vaise cara ao lateral dereito da área pequena e de disparo cruzado bate a Martín (5 - 4).

Min 89: fallo de Pepe na recepción dun balón, Adrian róuballe a carteira e marca o empate final (5 - 5).

En resumo partido muy pelexado por parte dos dous equipos e na que o Numancia foi vítima dos seus propios erros, o que finamente lle custou deixar escapar dous puntos de Prados Vellos. Ainda asi hay que felicitar os rapaces pois en ningún momento deixaron de loitar pola vitoria.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.