XUVENÍS. NUMANCIA, 1 - MEIRAS, 1.

ADR Numancia de Ares. Xuvenís 2012-2013. Numancia 1 - Meirás 1. Prados Vellos 29/09/12MERECIDO EMPATE DO NUMANCIA SOBRE O ASUBÍO FINAL.

Partido correspondente á segunda xornada do campionato de copa xuvenil entre Numancia e Meirás que se saldou con empate a un gol. Ao descanso chegouse con vitoria visitante por 0 - 1.


Prados Vellos 28 de septembro de 2012.

ALIÑACIONS:

NUMANCIA: Cristián (Xaime 45´), Adrián, Pepe, Alberto (Ángel 58´), Darío, Martín, Borja, Miguelito (Marcelo 70´), Ivi, Iván e Roque (Miguel 65´).

MEIRAS: Javi, Martín, Marcos, Bode, Iván (Bellón 65´), Cheis, Joni (Pablo 55´), Fran (Alberto 70´), Isma (Cris 49´), Manu e Andrés (Raúl 85´).

COLEXIADO: José María Santos Mato. Amonestou a Alberto polo Numancia e a Bode polo Meirás.

GOLES:
0 – 1: Fran (min. 11) pp.
1 – 1: Ivi (min. 90).

Partido caracterizado pola igualdade en canto a xogo habida entre os dous equipos. Sopesando as ocasións pode que o conxunto numantino dispuxese de máis oportunidades de cara a gol, aínda que calquera dos conxuntos puido terse alzado coa vitoria final nun partido de desacerto de cara a porta por parte dos dianteiros de ambos os dous equipos. Adiantaríase o conxunto visitante no minuto once de xogo ao transforma Fran unha pena máxima. Gol co que se chegaría ao descanso. O empate do conxunto aresán produciríase no minuto noventa de partido. Ivi sería o autor material ao aproveitar un pase en profundidade entre a defensa visitante para bater por baixo a Javi.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.