XUVENÍS. EF ENSANCHE, 1 - NUMANCIA, 5

ADR Numancia de Ares. Xuvenís 2012-2013. EF Ensanche 1 - Numancia 5. O Cadaval 23/09/12CLARA VITORIA DO NUMANCIA ANTE O EQUIPO FERROLANO

Primeiro partido de copa e primeira vitoria para o Numancia fronte ao EF Ensanche por 1 -5. Ao descanso chegouse con vantaxe dos aresáns de 1 - 4.


O Cadaval (Narón) 23 de septembro de 2012.

ALIÑACIONS:

EF ENSANCHE: Javi, Iván (David 26´), Marcos, Dani Couto, Julián, Cillero, Daniel, Luís, Borja, Miguel (Adrián 46´) e Manu.

NUMANCIA: Xaime (Cristián 46´), Adrián, Dario, Pepe, Alberto (José Manuel 72´), Miguelito (Miguel 60´), Borja, Martín, Ivi (Ángel 69´), Iván e Roque (Novoa 67´).

COLEXIADO: Víctor M. García Villaverde. Si Incidencias.

GOLES:

0 – 1: Martín (min. 6)
1 – 1: Luís (min. 17)
1 – 2: Borja (min. 23)
1 – 3: Borja (min. 25)
1 – 4: Iván (min. 26)
1 – 5: Ivi (min 47)

 

 

Primeiro partido de copa na recén estreada tempada 2012 - 2013 e no que os de Ares se desprazaban ata Narón. Comezaba o partido cos de Ares tomando a iniciativa e estreando o marcador aos seis minutos do seu inicio cun forte disparo afastado de Martín que sorprende a Javi. Non se fixo esperar a reacción do conxunto ferrolano que deu varios avisos e no dezasete empataban o partido por medio de Luís. Foi o que deron os ferrolanos nesta primeira metade posto que despois do gol do empate o Numancia tomou a iniciativa e levou o peso do partido ata o final. Mediada a media hora de xogo e en pouco máis de tres minutos os de Ares marcaron tres novos goles que prácticamente sentenciaron o partido, Borja, por partida dobre, e Iván serían os autores materiais. Cun parcial de 1 - 4 e con claro dominio visitante chegaríamos ao descanso.

Nada máis iniciada a segunda metade os de Ares marcaron o quinto e o que ao cabo sería o definitivo do partido. O conxunto ferrolano tería nos primeiros minutos duas boas ocasións para acurtar distancias no marcador que non aproveitaron, e a medida que foron transcorrendo os minutos os de Ares volverían controlar o partido. Non habería un dominio tan claro como no primeiro período, pero tampouco se pasaron apuros. Quizais nesta segunda metade os de Ares pecaron algo de individualismo en lugar de tratar de xogar o balón, isto propicio moita precipitación e desorde nos metros finais fallando claras ocasións de gol. Finalmente chagaríamos ao final do partido con clara vitoria numantina por 1 - 5.

Aproveitamos a ocasión para darlle ánimos e desexarlle unha pronta recuperación a Iván Rodríguez, xogador do Ensanche, que no transcurso do partido resultou lesionado nunha xogada fortuíta.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.