Inicio Noticias Xuvenís XUVENÍS. I TORNEO VINOTECA "PORTA DO SOL"
 
 

XUVENÍS. I TORNEO VINOTECA "PORTA DO SOL"

ADR Numancia de Ares. Xuvenís 2012-2013. I Torneo Vinoteca - Xamonería Porta do Sol. 08/09/12BETANZOS, CAMPIÓN DESTE I TORNEO.

Celebrouse este sábado o I torneo Vinoteca – Xamonería “Porta do Sol” no que participaron seis equipos xuvenís, catro deles pertencentes á liga de Ferrol e outros dous da liga das Mariñas.


Ares 08 de setembro de 2012.

A o longo da maña celebraronse os triangulares de clasificación para logo pola tarde disputarense as fases finales.

ALINIACIONS DOS EQUIPOS PARTICIPANTES:

PERLIO: Dani, Deive,, Rafa, Diego, Cabana, Miguel, Jose, Fabio, Adrián, Miño, Carlos, Aarón, Alberto, Rodri e Juanjo.

NUMANCIA: Xaime, Adrián, Alberto, Pepe, Darío, Martín, Iván, Miguel, Novoa, Roque, Borja, Cristián, Miguelito, Ángel, Sergio e José Manuel.

GALICIA DE MUGADOS: Alejandro Yáñez, Juan Manuel, Alexis, Adán, Fabio, Rubén, Borja Sánchez, Nacho, Oliveira, Dieguito, Adrián Planas, Borja Plana, Jorge, Remus e Mateo.

PORTUARIOS: Julián, Andrés, Carlos, Brais, Adrián, Iván, Carrera, Nano, Rascado, Pol, Roberto, Juan, Aarón, Aitor e Mike.

BETANZOS: Fonsy, Martín, Igor, Kasty, Mejuto, Adrián, Jorge, Manu, Ares, Ruchi, Xurxo, Daniel, Brais, Adán, Zapata, Rober, Migui, Javi, Dani, Wari, Noel e Pabló.

RAYO SADENSE: Miguez, Mauro, Abel, Chaly, Brian, Guille, Bancells, Cristián, Andi, Alberto, Dani, Cristobal, Dani, Juanjo, Héctor, Alex, Jorge, Pérez, Xavi e Jose.

COLEXIADOS:

D. Adrián González Franco.
D. José Priegue Leis.
D. Daniel Barrera Lourido,
D. Víctor García Villaverde.
D. Fernando Caruncho Paz.

XORNADA MATINAL.

NUMANCIA – PERLIO: 1 – 1 (0 – 2 p.p.)

Partido caracterizado pola igualdade entre ambos os dous equipos. Sería o Perlio o que se adiantaría no marcador cun gol en propia porta de Pepe. Este mesmo xogador resarciríase do seu erro e empataría para os de Ares de libre directo. Con empate a un gol finalizaría o tempo regulamentario polo que habería que recorrer á quenda de penaltis para dirimir o vencedor. Quenda na que o Perlio estaría máis acertado que o conxunto aresán ao transformar dous penaltis por ningún do conxunto anfitrión.

G. DE MUGARDOS – PORTUARIOS: 3 – 0.

Lixeira superioridade do equipo mugardes ao que se lle viu mellor fisicamente e máis metido no partido que ao conxunto ferrolano. Os dous goles temperáns do Mugardos levantou aínda máis os ánimos e marcaron o tempo do partido materializando unha curta vitoria a teor das oportunidades desaproveitadas. Goles de Dieguito (2) e Fabio.

BETANZOS – PERLIO: 4 – 0.

Superioridade do conxunto betanzeiro ante un Perlio que tivo que empregarse a fondo en tarefas defensivas para contrarrestar o empuxe do rival. O Betanzos cun equipo veterano, moi ben fisicamente e coas ideas moi claras, poucos apuros pasaron ante un Perlio novo e con algúns xogadores cadetes que pagaron a súa inexperiencia ante un rival máis afeito á categoría. Goles de Ruchi (2), Xurxo e Zapata.

RAYO SADENSE – PORTUARIOS: 0 – 0 (5 – 6 p. p.)

Partido caracterizado polo centrocampismo e no que os porteiros de ambos os dous equipos estiveron de espectadores antes as escasas chegadas ás portarías respectivas. Habería que recorrer á quenda de penaltis, quenda que polo acerto dos lanzadores prolongaríase ata os once lanzamentos e no que finalmente imporíase o Portuarios.

NUMANCIA – BETANZOS: 0 – 3.

Partido de cariz similar ao Betanzos – Perlio. Os de Ares cun equipo moi novo, e coa metade dos xogadores de categoría cadete víronse superados con facilidade pola veteranía do equipo betanzeiro. Goles de Manu, Xurxo e Ruchi.

G. DE MUGARDOS – RAYO SADENSE: 4 – 0.

Partido moi físico que comezou cun forte ritmo por parte de ambos os dous equipos. A medida que foron avanzado os minutos o Mugardos foi tomando o tempo ao partido ante un conxunto sadense que foi decaendo no seu xogo, en parte polos dous goles encaixados nos minutos 20 e 22 e que supoñían o 3 – 0 para o Mugardos. De aquí ao final foi o Mugardos o que se fixo co partido. Goles de Adrián (2) e Nacho (2).

XORNADA DE TARDE.

5º – 6º POSTO: NUMANCIA – RAYO SADENSE: 0 – 4.

Partido no que cando aínda o Numancia non espertara da sesta xa se viu con dous goles en contra. Co marcador a favor dende os minutos iniciais o Rayo marcou o tempo do partido cun bo movemento de balón ante un conxunto aresán incapaz de reaccionar para contrarrestar o xogo rival. Finalmente xusta vitoria do equipo sadense. Goles de Cristián, Dani Martínez, Mauro e Cristóbal.

3º – 4º POSTO: PERLIO – PORTUARIOS: 1 – 4.

Vinte minutos para cada equipo. Os primeiros 20 minutos mellor xogo do Perlio que desaproveitou un penalti para adiantarse no marcador, e dous minutos despois poñíanse por diante os ferrolanos. Non decaeu o Perlio no seu xogo polo revés do penalti malogrado e empataban dez minutos despois. O Portuarios mellor fisicamente no último tramo do partido rematou por impoñerse no xogo e o marcador. Goles de Carlos para o Perlio e Pol, Brais, Roberto e Carlos para o Portuarios.

FINAL: GALICIA DE MUGARDOS – BETANZOS: 2 – 2 (4 – 5 p.p.)

Despois dos triangulares da mañá e dos primeiros partidos da tarde, chegamos a unha final na que coincidiron dous equipos que no mes de maio estiveron ás portas de conseguir o ascenso á Liga Galega xuvenil, e que van saír nesta temporada coma favoritos para meterse neses postos que dan paso á fase de ascenso. Referímonos ao G. de Mugardos e ao Betanzos, xustos finalistas que nos ofreceron unha disputada e igualada final que rematou con empate a dos goles, polo que houbo que recorrer aos lanzamentos de penalti para coñecer o campión. Os goles do partido foron marcados por Adrián e Dieguito para o Mugardos, e Xurxo e Kasty para o Betanzos. Finalmente a sorte dos penaltis decantouse do lado dos de Betanzos por  5 a 4.

Alén dos resultados, desde a organización queremos agradecer a todos os equipos participantes a súa asistencia ao torneo, así como o excelente comportamento e colaboración que demostraron durante toda a xornada. Só lamentamos a lesión sufrida por un rapaz do Rayo Sadense ao que lle desexamos unha rápida recuperación.

Así mesmo, expresamos a nosa gratitude á Vinoteca – Xamonería “Porta do Sol” polo seu apoio e a súa presenza, reforzando esta iniciativa, empresa que esperamos repetir en vindeiras edicións.

 


 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.