XUVENIS. SORTEO COPA 2011 - 2012.
Onte á tarde celebrouse no local da delegación ferrolá de fútbol o sorteo de copa xuvenil da temporada 2011-2012
Ares 21 de abril de 2012.
O campionato de copa xuvenil arrancará o día 20 de maio coa disputa dos oitavos de final (a partido único) e dos cales o Perlio quedou exento. Os emparellamentos de oitavos de final son os seguintes:
Galicia de Mugardos – Ás Pontes B.
Cedeira – Narón.
Numancia – Portuarios.
R de Neda – Cariño.
Miño – Aspirantes.
Racing San Pedro – O Val.
Galicia de Caranza "B" – Meirás.
Os cuartos de final, que tamén serán a partido único, xogaranse o día 27 de maio.
As semifinais, que serán a dobre partido, disputaranse os días 3 e 10 de xuño.
E a final de copa o día 17 de xuño, en A Gándara de Ferrol (campo de herba natural).
Para ver o calendario de Copa da categoría XUVENIL PICA AQUÍ.