XUVENÍS. NUMANCIA, 2 - PERLIO, 2.

Numancia de Ares ADR. Xuvenís 2011-2012. Numancia 2 - Perlío 2. Prados Vellos 31/03/12.EMPATE CON SABOR A VITORIA PARA OS VISITANTES

Partido moi disputado o deste pasado sábado en Prados Vellos entre Numancia e Perlio con tres importantes puntos en xogo, sobre todo para o Perlío polo sua particular loita pola terceira praza da clasificación.

Ares 31 de marzo de 2012.

ALIÑACIONS:

NUMANCIA: Xaime, Dario (Cartelle 61´), Álvaro, Pepe (Juanfran 78´), Juan, Adrián (Roque 73´), Jhony, Juanra (Miguelito 85´), Brayan, Borja (Amenedo 89´) e Cagide.

Adestrador: Marcos Amor.
Delegado: Luís Casas.

PERLIO: Santi, David, Edgar, Espada, Alberto, Alex (Diego 46´), Marcos (Aitor 56´), Cacheiro (Rubén 81´), Adrián, Bender (Daniel 72´) e Lolo.

Adestrador: Ismael Vázquez.
Delegado: Lino Riobo.

COLEXIADO: David Sierra Pereira. Amoestou a Álvaro e Jhony. Expulsou a Cagide (dobre amarela) e a  Juan e Marcos (roja directa) polo Numancia.

GOLES:

0 – 1: Bender (min. 14).
1 – 1: Brayan (min. 40).
2 – 1: Juanra (min. 65).
2 – 2: David (min. 92).

  



Partido moi igualado entre dous equipos situados na parte alta da táboa. Os de Ares colocados nunha situación cómoda e en terra de ninguén, mentres que o Perlio era o que máis se xogaba neste encontro posto que está inmerso na súa loita particular por meterse na posible fase de ascenso que dá acceso á liga galega.

Comezou o partido con moito ritmo e cos dous equipos moi metidos no encontro, pero sería o Perlio o que primeiro se asentaría, dominando nos primeiros minutos. Froito dese dominio farían subir o primeiro tanto ao marcador aos quince minutos de xogo, o seu autor sería Bender. A raíz do gol o Numancia lonxe de afundirse veuse arriba e pouco a pouco foi comendo terreo aos visitantes para facerse co control do partido. No que restou de primeira metade sería o Numancia o que levaría o peso do encontro ante un Perlío que foi decaendo en intensidade. Así iriámonos ata o minuto 40 cando Jhony nunha internada por banda dereita pon un balón ao primeiro pau, Brayan se adianta ao porteiro visitante e empata o encontro. Con empate a un tanto no marcador marcharíamos ao descanso.

A segunda metade volvería comezar co Perlio dominado nos primeiros minutos, pero de novo os de Ares pouco a pouco equilibrarían a balanza, para pasar a unha fase de dominio alterno. Aos catorce minutos do seu inicio chegaría unha xogada clave para o desenvolvemento do resto do encontro, Dani Cagide ve a segunda cartolina amarela e os de Ares quedan con dez.
Con superioridade numérica o Perlio veuse arriba e encerrou os de Ares no seu campo. Pero no minuto sesenta e cinco, un balón en profundidade á banda que controla Borja e pelexa Brayan, finaliza con centro deste ultimo ao punto de penalti onde se encontraba Juanra libre de marca, baixa o balón e remata a pracer ao fondo da rede ante a desesperación dos visitantes. Os de Ares malia estar en inferioridade numérica, non estaban mortos e deran a volta ao marcador.
Aínda quedaba moito partido e tocaba sufrir. O Perlio botou o resto e continuou dominando, non lles quedaba outra, eran os que máis se xogaban neste partido. E así foi ata o final do encontro, aínda que os de Ares á contra, e en máis dunha ocasión meteronlle o medo no corpo o Perlio posto que dispuxeron de claras oportunidades para elo. Defensivamente os de Ares estaban a ser solventes e cando os balóns encontraban os tres paus topábanse coas boas intervencións de Xaime.
Nos minutos finais os de Ares tiveron algo de mala sorte, pois as lesións de Pepe, Adrián e Juanra, e aínda por enriba cun menos, decimaron un pouco as posibilidades dos locais. Os últimos dez minutos foron un acoso e derribo sobre a área local, pero os de Ares aguantaron o tipo, aínda que cometendo moitas faltas próximas á área. E precisamente nunha desas faltas, e no tempo engadido, chegaría o empate do partido despois dunha indecisión na área que aproveita David.

En resumo partido moi igualado con resultado xusto e que contentou máis ao Perlio á vista de como se desenvolveu o encontro.

A próxima semana non haberá competición de liga, aínda que sí adestramentos, polo que esperemos recuperar a todos os lesionados. E por ultimo teño que engadir que lamento as expulsións do día de hoxe, expulsións provocadas pola falta de cabeza de algúns e que o único que conseguen é botar por terra o traballo e o labor do resto de compañeiros. Só espero e desexo que este toque de atención sirva para recapacitar sobre as consecuencias dos seus actos.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.