XUVENÍS. NUMANCIA, 4 - NEDA, 0

HOUBO QUE AGARDAR Á SEGUNDA PARTE

Importante vitoria ante un rival que se presentaba en Prados Vellos con só 1 punto menos.
Ares, 4 de decembro de 2011
Partido correspondente á undécima xornada de liga, disputado este sábado pola tarde en Prados Vellos.
A aliñación do Numancia foi esta:
Xaime; Darío (Amenedo min 45), Víctor (Brayan, m. 53), Pepe (Ricardo, min 63), Álvaro, Adrián, Johny, Juanra, Cagide, Borja  (Juanfran, min 65), Roque e (Cartelle, min 58).
 
COMENTARIO: O partido comezou con posesión do balón por parte dos locais e con varias ocasións nos pés de Cagide e Borja. A medida que pasaban os minutos, o equipo local, ante as ocasións falladas diante da portería nedense, desinflouse un pouco, aínda que seguía controlando o partido. A partir do m. 35 desta primeira parte, os aresáns volveron a rondar a área visitante con novas ocasións nos pés de Borja, de tiro lonxano á saída dun córner; de Cagide, nunha ocasión; e dous tiros dentro da área realizados por Juanra.
Tras o descanso, o Numancia entrou no campo con ánimos renovados e buscando o gol sen tregua. O primeiro tanto foi obra de Juanra no m. 52; o segundo de Borja no m. 62, tras un pase de Adrián e tras regatear ao porteiro marca a porta baleira; o terceiro foi o propio Adrián, rematando unha falta lateral lanzada por Borja; e o cuarto foi obra de Brayan, nunha xogada individual dentro da área.
Neste partido podemos destacar a Juanra e Álvaro.
A vindeira xornada espéranos un interesantísimo partido en Caranza ante o líder da competición.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.