XUVENIS. NUMANCIA, 5 - R. SAN PEDRO, 1.

ADR Numancia de Ares. Xuvenís 2011-2012. Numancia 5 - R. San Pedro 1. Prados Vellos.DE MENOS A MAIS.
Os de Ares non comezaron ben poñéndoselles dende o inicio o resultado en contra. Tras o gol visitante retomaron a situación e realizaron un gran partido.


Ares 22 de outubro de 2011.

Polo Numancia xogaron: Pepe, Ricardo (Pombo min 45), Jony, Álvaro, Juan (Dario min 55), Adrián, Borja (Dani Cartelle min 60), Juanra (Roque min 53), Brayan, Iván e Dani Cagide (Juanfran min 65).

Bo partido o realizado polo equipo do Numancia, aínda que non comezaron moi ben, pois aos 11 minutos, o San Pedro adiantaríase no marcador tras o lanzamento dunha falta lateral. Os de Ares non defenden ben o lanzamento e o balón cóase na portaría local, defendida de novo por Pepe, sen que ninguén o toque. Parece que este foi o detonante para que o Numancia se puxese o traxe de faena. A partir de aquí fixéronse co balón e comezaron a chegar as ocasións de gol a favor dos de Ares. O primeiro gol, obra de Dani Cagide, chegaría despois dun bo centro de Brayan e un gran remate en prancha do dianteiro aresán. O propio Brayan sería o autor do segundo gol. Co resultado de dous a un a favor dos de Ares marchariamos ao descanso.


Tras a reanudación o equipo numantino fíxose co control do partido e chegaron un novo gol de Dani Gagide, Borja de penalti e o terceiro de Cagide. Salientar o segundo hat trick da tempada do equipo que esta vez foi obra de Dani Cagide.


Destacamos novamente a todo o equipo polo gran partido realizado, pero imos darlle o premio a Dani polos seus tres goles. Ao final do encontro o adestrador agasallouno cun balón asinado por todo o equipo.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.