XUVENIS. PORTUARIOS, 2 - NUMANCIA, 0.

ADR Numancia de Ares. Xuvenis 2011-2012. Portuarios 2 - Numancia 0. A Gándara. 15/10/11.POUCA AMBICIÓN.

Pobre partido do Numancia este pasado sábado fronte ao Portuarios, onde se perdeu o partido debido aos fallos defensivos e á falta de ambición do equipo aresán para facerse con tan ansiados tres puntos.


A Gándara (Ferrol) 15 de outubro de 2011.

Numancia: Xaime, Jony, Pombo (Cartelle min. 65), Pepe, Álvaro, Adrian (Juanra min. 57), Ricardo (Juanfran min. 45), Juan (Darío min. 60), Brayan, Borja e Dani Cagide (Roque min. 63).

O partido comezou moi parello e con poucas ocasións para os dous equipos. A oportunidade máis clara foi para o Numancia no min. 35, logo dun rebumbio na área e no que ningún xogador acertou a rematar o balón ao fondo das mallas. Chegouse ao descanso cun merecido empate por falta de mérito por parte de ambos equipos.

Tras a reanudación, o Portuarios entrou no terreo de xogo maís motivado e con máis ambición encerrando aos de Ares no seu campo. Froito desa ambición e nun saque de banda, no cal Álvaro e Xaime non chegan a entenderse, o balón queda nos pés dun rival chegando o primeiro gol do equipo local. O segundo gol veu precedido dun córner que un xogador do Portuarios remata e mete o balón na meta aresá coa man. Man que só o arbitro do partido non viu ante a incredulidade dos asistentes ao encontro.

Esperemos e confiemos que o próximo fin de semana ante o R. San Pedro os de Ares se recuperen dese baixón anímico e dean unha mellor imaxe. Animamos a toda a afección a que o vindeiro sábado se acheguen ata Prados Vellos a animar aos rapaces e disfrutar dunha tarde de fútbol. A partir da 16:00 teremos o partido de cadetes “Numancia - G. de Caranza”, e a continuación ás 18:00, os xuvenís enfrontásense ao R. San Pedro.

Esperámosvos a toda a marea vermella en Prados Vellos.

O mérito de xogador destacado desta semana é para Pepe.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.