XUVENÍS. NARÓN, 2 - NUMANCIA, 1.

ADR Numancia de Ares. Xuvenís 2011-2012. Narón 2 - Numancia 1. O Cadaval.DERROTA INXUSTA.

Tres puntos que se levou o conxunto local do Narón de forma inmerecida xa que o equipo do Numancia fixo méritos máis que suficientes para facerse coa vitoria.

 

O Cadaval (Narón) 1 de outubro de 2011.

Polo Numancia xogaron: Pepe, Pombo (Ricardo min 45) Roque (min 65), Víctor, Álvaro, Amenedo, Adrián, Jony (Cartelle min 72), Juan (Juanra min 65), Brayan e Dani (Iván min 60).

Tras un inicio un pouco mais acertado do cadro local, e transcurridos os primeiros 10 min, o equipo numantino fíxose ca posesión do balón comezando así a ter claras ocasións de gol. No min 20 da primeira metade, nun balón colgado a area numantina sen aparente perigo, hai unha falta de entendemento entre Pepe, que esta semana tivo que facer de gardameta, e Álvaro, do que se viu beneficiado o dianteiro do Narón marcando a porta valeira o primeiro gol do partido. Os de Ares seguiron xogando con descaro e chegoulles o premio do gol tras unha xogada por banda esquerda que remata cun disparo dentro da área. O porteiro local non e quen de atrapar o balón, que chega os pes de Dani Cagide, quen o empurra o fondo da rede, facendo xustiza o visto no terreo de xogo.

Tras o descanso o partido seguiu igual, con máis dominio por parte do Numancia. Pero faltando 8 min para o seu remate chegou a xogada clave do encontro. O xogador do Numancia Víctor estaba tirado no terreo de xogo, o arbitro fixo caso omiso do que lle dicían os xogadores e o equipo rival decideu seguir a xogada. O Numancia viuse na obriga de facer falta para que o xogador puidera ser atendido: E no lanzamento desa falta chegou o gol da vitoria local.

Salientar que o Numancia puidose ver perxudicado xa que o arbitro non pitou dous penaltis máis que claros a favor dos aresáns.

Esta semana merecen estar todos os xogadores no apartado de xogador destacado, pero vai ser para Pepe por poñerse na portería pola ausencia de Xaime.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.