XUVENÍS. R. DE NEDA 1 - NUMANCIA, 8.

ADR Numancia de Ares. Xuvenís 2011-2012. R. de Neda 1 - Numancia 8. Municipal de Neda.Maña de moito calor a pesar da hora, 11:00, de comezo do encontro nesta terceira proba de pretemporada para o equipo aresán.

Sábado 20 de agosto de 2011.

Numancia: Xaime, Cartelle, Álvaro, Amenedo, Ricardo, Adrián, Juanra, Jhony, Brayan, Borja, e Dani. Tamén xogaron Roque, Juan, Víctor, e Dopico.

O encontro comezaba cuns primeiros minutos de tanteo por parte dos dous equipos, pero a partir do 10´ o Numancia fixose co balón e adueñouse do partido. O medio campo do conxunto aresán imprimeulle un bo ritmo o encontro, finalizando a primeira metade cun claro 1 – 4 a favor dos de Ares. Na segunda metade a tónica do partido foi a mesma cun dominio claro do Numancia e moitas ocasións de gol das cales viñeron outros catro goles mais quedando o marcador nun resultado final de R. de Neda 1 –  Numancia 8.

O goles do equipo aresán foron materializados por: Borja 2, Brayan 2, Juan 1, Juanra 1, Adrián 1 e Jhony 1.

A seguinte proba para o equipo xuvenil será o vindeiro sábado, 27 de agosto, ás 19:00 horas, onde terá lugar o tradicional Trofeo “Lar de Picas”, que xa vai pola sua V edición. O Galicia de Mugardos será o rival do equipo aresán.

Vemonos en Prados Vellos.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.