XUVENÍS. MIÑO, 4 - NUMANCIA, 7.

ADR Numancia de Ares. Xuvenis 2011-2012. Miño 4 - Numancia 7. Gallamonde.REMONTADA E GOLEADA FINAL

Tarde de sol e moito calor en Miño que condicionou un partido bastante igualado que rompeu na segunda metade finalizando nunha goleada en favor dos de Ares.

Gallamonde (Miño), 12 de agosto de 2011.

NUMANCIA: Xaime, Darío, Amenedo, Álvaro, Ricardo, Jony, Ángel, Juan, Juanra, Borja e Dani. Tamén xogaron Cartelle, Roque, Manu, Piñeiro e Pablo.

En xeral o partido non tivo moito ritmo, condicionado pola calor e porque os equipos aínda están afrontando os inicios de tempada e as condicións físicas non son as mais axeitadas. Aínda así puideronse ver algunhas boas xogadas combinativas e moitos goles que mantiveron entretido ao respectable.

A primeira metade estivo moi igualada con escasas chegadas claras ás metas rivais. Os goles non chegarían ata os minutos finais. Sería o Numancia o que se adiantaría no marcador, no minuto 36, por medio de Borja nunha bonita parede de Dani. Seis minutos máis tarde empataría o Miño á saída dun corner que remata David de cabeza. Co resultado de empate a un gol marchamos ao descanso.

A segunda metade foi menos intensa, motivada pola calor e o cansazo, o que propicio erros e falta de concentración que trouxeron como consecuencia moitos goles en ambas porterías. Sairía o Miño moito máis enchufado no inicio desta metade levando o peso do encontro durante os vinte primeiros minutos. Ese dominio, e o descontrol no mediocampo e na zaga aresá, provocaron que os locais chegasen a ter dous goles de vantaxe. Mediada a segunda metade, cambiarían as cousas, os de Ares poríanse as pilas e serían eles os que tomarían o control do partido. Xogadas de contraataque, paredes, e balóns ás costas dos defensas locais, serían aproveitados pola rapidez dos dianteiros numantinos que conseguirían dar a volta ao marcador e rematar unha tarde goleadora.

Os goles nesta segunda metade:

2 - 1: (53´) fallo defensivo dos de Ares á saída dun corner e Pablo libre de marca remata ao fondo das mallas.

2 - 2: (56´) pase de Juan ás costas da defensa que recolle Manu, encara ao gardameta local e báteo de disparo raso.

3 - 2 (59´) lentitude da defensa aresá nun balón que recolle Miguel e supera a Xaime por alto.

4 - 2: (66´) gol de Adrián de penalti.

4 - 3: (68´) parede de Dani sobre Jony e éste acurta distancias para os de Ares.

4 - 4: (73´) rápida internada de Álvaro pola banda, centro ao área e Dani só ten que empuxala ao fondo das mallas.

4 - 5: (77´) balón rexeitado no centro do campo que recolle Manu, encara a porta e ante a saída do gardameta local supérao de vaselina.

4 - 6: (79´) penalti sobre Manu que él mesmo se encarga de transformar.

4 - 7: (85´) Manu de novo de penalti.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.