XUVENÍS. NUMANCIA 2 - NARON, 5.

ADR Numancia de Ares. Xuvenís 2010-2011. Numancia 2 - Narón 5. Prados Vellos.FIN DA TEMPADA

Os de Ares non puideron despedirse da súa fiel afección cunha vitoria pese a que houbo algún indicio de conseguilo.

Ares 21 de maio do 2011.

NUMANCIA: Mirlo, Dani Cartelle, Álvaro, Amenedo, Víctor, Juanra, Pablo (Roque 70´), Moabe, Jony (Iván 60´) Manu, Ezra (Brayan 20´)

GOLES: Moabe e Brayan.

COLEXIADO: D. José Priegue Leis (Delegación de Ferrol). Non houbo tarxetas.

 



Última xornada da liguilla do Torneo de Copa xuvenil onde o Numancia caeu derrotado ante o Narón en Prados Vellos ante a súa fiel afección.

Nunha preciosa mañá de sábado, continuaba o fútbol en Prados Vellos. Despois do bonito partido de benxamíns, fútbol en estado puro, chegaba o turno para o fútbol xuvenil, outro fútbol totalmente distinto. Enfrontábanse Numancia e Narón, dous equipos sen opcións de clasificarse que afrontaban o seu último partido da tempada.

O partido non tivo intensidade. Foi un adestramento con público e cun bo colexiado. Na primeira metade houbo alternancia de ocasións nas dúas porterías. O Narón, puxo unha marcha máis antes do descanso, conseguindo 3 goles. Sendo o resultado no intermedio de 0 – 3 favorable ós naroneses.

Na segunda metade, arrincou con forza o Numancia. Unha boa asistencia de Brayan era aproveitada por Moabe para conseguir o 1 – 3. Posteriormente, sería Iván o que daba unha asistencia magnífica a Brayan para conquerir éste o 2 – 3. Parecía que o Numancia non quería perder o seu último partido da tempada. Pero o Narón non estaba pola labor de perdoar nada, e nos últimos minutos do encontro pisou o acelerador e conseguiu dous novos goles para pechar o partido. Chegouse o final do encontro co resultado coñecido de Numancia 2 – Narón 5.

En definitiva, último partido da tempada para o Numancia, un partido sen moita historia.

Finaliza a tempada 2010 – 2011 para o Numancia xuvenil. Unha tempada mediocre en canto a resultados e mediocre en canto a compromiso. Unha tempada difícil para todos. Hai que alabar e agradecer ós 12 xogadores xuvenís que loitaron ata ó final. Mirlo, Jony, Álvaro, Amenedo, Víctor, Juanra, Pablo, Moabe, Manu, Ezra, Iván e Brayan. Estos xogadores amosaron o seu compromiso co club durante toda a tempada. Tamén agradecer a Dani e a Rubén, que un por motivos persoais e outro por lesión non poideron estar ata ó final. Todos estos xogadores deron a cara, e soamente podemos agradecerlles ó seu traballo esperando contar con eles na tempada  2011 – 2012.

Agradecer tamén o equipo cadete da entidade, que se viu mermado en varias ocasións para axudar ó equipo xuvenil. Xaime, Pepe, Juan, Darío, Ricardo, Quique, Dani Cartelle, Borja e Roque foron ós xogadores cadetes que durante a tempada axudaron ó equipo xuvenil. Agradecer tamén o seu esforzo e compromiso a todos eles, xa que sin a súa axuda quizais esta crónica de fin de tempada xa sería feita no mes de marzo.

Gracias tamén a fiel afección, que estivo co equipo sufrindo durante toda a tempada.

Agora toca descansar, desconectar e coller moitas forzas para unha nova tempada que presentará moitas novidades. Pase o que pase, estemos donde estemos, sempre diremos:

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Ata a próxima.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.