ALEVÍNS: CARIÑO, 1 – NUMANCIA, 10
14 de febreiro de 2009.
Xoán.
ALINEACIÓN: Roberto, Martín, Iván, Carlos, Alberto, Marcelo e Fran. Tamén xogaron Miguel, Ángel e Brais.
GOLES: Carlos, Marcelo, Alberto, Iván (2), Martín (2) e Fran (3)
INCIDENCIAS: O sol da mañá quentou unhas gradas nas que as nais dos nenos de Cariño non deixaron de animar aos seus ata o minuto final.
COMENTARIO: Un gol aos dous minutos deixou claro que o partido non tiña color. A superioridade física do Numancia quedou patente e mesmo puidemos disfrutar dalgunhas combinacións que evidencian a mellora e a progresión no xogo deste equipo. Os cinco goles da primeira parte puideron ser máis de non ser pola escasa fortuna nos remates. No segundo tempo continuamos coa mesma marcha e marcaron outros cinco goles, igualando o resultado conseguido na primeira volta. Nesta ocasión, aqueles nenos que participan habitualmente pouco tempo, disfrutaron de máis minutos.