XUVENÍS. AS PONTES "B", 2 - NUMANCIA, 0.
¡¡¡NON HAI MANEIRA¡¡¡
Canto caro lle costa a este equipo ver a porta do rival, e cantas facilidades damos na nosa.
O Poboado (As Pontes), 3 de abril de 2011.
NUMANCIA: Mirlo (Xaime 46´), Jony, Álvaro, Amenedo, Víctor (Pepe 55´), Iván, Juanra, Pablo (Ezra 65´), Moabe (Darío 60´), Brayan e Manu.
COLEXIADO: D. José Priegue Leis. (Delegación de Ferrol) Virón cartón amárelo no Numancia, Iván e Jony.
30ª xornada da Liga Xuvenil Comarcal onde o Numancia deu unha boa imaxe en As Pontes pese a caer derrotado ante o equipo local nas instalacións de O Poboado ante unha boa presenza de público.
Tocaba xogar un domingo pola mañá, tocaba madrugar. Non é o habitual na categoría de xuvenís, pero esta vez había que visitar ó As Pontes “B”, e non quedaba outra. Viaxaban cedo 12 xuvenís e 3 cadetes a vila mineira para representar ó Numancia.
Comezaba o partido con claro dominio numantino. O primeiro cuarto de hora foi do Numancia. Bo xogo, chegadas á área e claras ocasións de gol que non se materializaron. O que perdoa… minuto 18 de xogo, balón solto na área numantina, Mirlo despexa, o balón peta en Víctor, o rebote cae nos pés dun xogador pontés. 1 - 0, a historia de sempre, ós partidos de fútbol decídense nas áreas. Acusou o gol ó Numancia, perdeu o control do partido e poido encaixar algún máis nos minutos seguintes. Tras unha leve recuperación dos de Ares e a igualdade de forzas, chegouse ó descanso.
Na segunda metade, os cambios trouxeron aire fresco ó Numancia. Pese a iso, eran ós locais os dominadores do encontro. Foi quen ó Numancia de ter 10 bos minutos, nos que tivo ocasións claras de empatar. Pero como na primeira metade, o de Ares volveron a fallar de cara a gol. Ós ponteses tamén fallaron na segunda metade, todas menos unha, a que supuxo o 2 - 0 no minuto 75. De ahí ó final, buscou ó Numancia un gol. Xa sabedes o que pasou. ¡¡¡Imposible¡¡¡ Final do encontro, resultado ¿xusto? e cruel, 2 - 0 para ó As Pontes "B".
En definitiva, boa imaxe do Numancia pero a historia se repite. Non se conseguen ós goles, e regalánse ós dos contrarios. Boas sensacións pero… así e imposible gañar un partido.
Hai que quedarse co positivo, bo esforzo dos xogadores numantinos. Hoxe mención especial para Xaime, Darío e Pepe, que pese a xogar na tarde anterior o seu partido cos cadetes, tiveron a ben madrugar e desprazarse ata As Pontes para axudar o conxunto xuvenil. ¡¡¡Un 10 rapaces¡¡¡
O vindeiro partido do Numancia xuvenil será o próximo sábado ás 17:00 en Prados Vellos ante o Narón, un dos equipos da zona alta da táboa.
¡¡¡Todos cos xuvenís ata ó final¡¡¡
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡