XUVENÍS. NUMANCIA, 2 - PORTUARIOS 2.

ADR Numancia de Ares, Xuvenís 2010-2011. Numancia, 2 - Portuarios 2. Prados Vellos.CINCO MINUTOS FATIDICOS.
Os de Ares no souberon gardar os mobles e os ferroláns empatáronlles o encontro nos minutos finais.


Prados Vellos 19 de febreiro de 2011.

ALINIACIÓNS:
NUMANCIA: Carlos, Álvaro, Dani, Victor, David, Moabe, Pablo (Manu 54´), Iván (Rubén 73´), Brayan, Juanra (Jony 65´) e Ángel (Coco 45´).
PORTUARIOS: Xavier, Sayi, Roberto, Brais, Alan, Noel, Daniel, Manuel, Javi, Pedro e Luís.

COLEXIADO: D. David Brito Regadera (Delegación de Ferrol). Amonestou a Dani, Moabe, Pablo e Xelo (Adestrador) polo Numancia. Expulsou con vermella a Victor do Numancia e por doble amarela a Sayi do Portuarios.

GOLES:
Numancia: Dani e Álvaro.
Portuarios: Luís e Javi.

 



Boa mañá para a práctica do fútbol a do sábado en Prados Vellos. Un Numancia xuvenil con convocatoria completa despois de varias xornadas asolado polas lesións. Comeza ben o partido para os de Ares que se adiantaban pronto no marcador nun saque de esquina botado por Pablo e rematado no segundo pau a porta baleira por Dani. Chegadas alternas de ámbolos dous equipos, e no minuto 30 xogada crave do partido, erro ao alimón de Carlos e Víctor que remata con penalti é expulsión deste último. Por sorte para os de Ares o xogador do Portuarios lanza a pena máxima ao pau dereito da portaría defendida por Carlos. Cun Numancia á defensiva pero sen pasar demasiados apuros remata a primeira metade.

Na segunda metade dominio numérico e territorial do Portuarios, pero que non consegue materializar en gol as súas ocasións, e un Numancia contragolpeando con escaso perigo, e que tampouco aproveita as escasas oportunidades das que dispón. Rematando o partido precipítanse os acontecementos, internada de Manu, falta ao bordo da área visitante, é expulsión por dobre amarela de Sayi,  xogador do Portuarios. Álvaro executa maxistralmente o libre directo, e gol para o Numancia, 2 - 0. O partido parecía pechado, pero no minuto 43, nun balón que non consegue despexar a defensa numantina o Portuarios acurta distancias por medio de Luís, 2 - 1. E tres minutos despois, no 46´, falta moi esquinada no lado dereito da área aresá, e Javi cun golpeo co exterior da perna dereita, que se coa pola escuadra do segundo pau consegue un extraordinario gol que supón o empate para o Portuarios. Máis minutos de desconto pero sen máis que contar.

En definitiva novo sabor amargo neste partido dos xuvenís o que xa se converte nunha tónica este ano, mala sorte, escasa puntaría de cara ao gol, non saber pechar os partidos, goles concedidos de maneira inverosímil e moitos puntos que se escapan nos últimos minutos e de xeito incrible.

A vindeira semana toca xornada de descanso, polo tanto semana para traballar, recuperar a xente en baixa forma e preparar o derby co Mugardos dentro de dúas semanas, que debe de servir de punto de inflexión para correxir o rumbo do equipo xuvenil no tramo final de liga. Esperamos contar como sempre co apoio da fiel afección numantina.

O crack: Álvaro, ben en defensa e gol de libre directo, o primeiro na súa etapa xuvenil.

O catacrack: Víctor, grandes e decisivos erros nos últimos partidos.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.