XUVENÍS. CAMBIOS A RAIZ DA RETIRADA DO MANIÑOS.

ADR Numancia de Ares Xuvenís 2010-2011. Cambios a raiz da retirada do C. Maniños.Segundo decideu a Federación, os partidos do Cultural Maniños xuvenil durante a segunda volta, compútaranse como vitorias dos seus rivais. 

 

Ares 15 de febreiro de 2011.

A Federación tomou esta decisión apoiándose nunha recente normativa, de aplicación para equipos que se retiran da competición, e que xa se aplicou na 2ª División B, Grupo 1º, tras a retirada da competición do Club Cerro Reyes. Neste caso aos equipos rivais do citado Club adxudícaselles a vitoria polo resultado de 2 - 0. Este resultado obtense calculando a media aritmética dos goles encaixados polo citado Club na primeira volta da competición.
Pois ben, aplicando esta mesma norma ao Cultural Maniños supón unha media de cinco goles encaixados por este Club na primeira volta. Polo tanto, a todos os rivais do C. Maniños durante a segunda volta da competición xuvenil, adxudicaráselle a vitoria por cinco goles a cero (5 – 0).

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.