XUVENÍS. CAMBIOS A RAIZ DA RETIRADA DO MANIÑOS.
Segundo decideu a Federación, os partidos do Cultural Maniños xuvenil durante a segunda volta, compútaranse como vitorias dos seus rivais.
Ares 15 de febreiro de 2011.
A Federación tomou esta decisión apoiándose nunha recente normativa, de aplicación para equipos que se retiran da competición, e que xa se aplicou na 2ª División B, Grupo 1º, tras a retirada da competición do Club Cerro Reyes. Neste caso aos equipos rivais do citado Club adxudícaselles a vitoria polo resultado de 2 - 0. Este resultado obtense calculando a media aritmética dos goles encaixados polo citado Club na primeira volta da competición.
Pois ben, aplicando esta mesma norma ao Cultural Maniños supón unha media de cinco goles encaixados por este Club na primeira volta. Polo tanto, a todos os rivais do C. Maniños durante a segunda volta da competición xuvenil, adxudicaráselle a vitoria por cinco goles a cero (5 – 0).