XUVENÍS. NUMANCIA, 2 - CEBARCA, 3.

ADR Numancia de Ares. Xuvenís 2010-2011. Numancia, 2 - Cebarca, 3. Prados Vellos.¡¡¡CASI SOA A FRAUTA!!!
A pesar do resultado en contra a piques estiveron os de Ares de quitar algo positivo nos derradeiros minutos do encontro.

 

Ares 5 de febreiro de 2011.

NUMANCIA: Tito, Coco, Álvaro, Amenedo, Víctor, Moabe, Manu, Iván, Juanra, Brayan e Jony (Dani 75´)

COLEXIADO: D. Rodrigo Serrano Naveiras. (Delegación de Ferrol). Amonestou a Iván e Moabe por parte do Numancia.

GOLES: Juanra e Jony.

Vixésima segunda xornada da Liga Xuvenil Local onde ó Numancia deu a cara pese caer derrotado ante un dos equipos da zona alta, ó Cebarca en Prados Vellos ante ós escasos 50 espectadores que acudiron a Prados Vellos, apoiando ó Numancia no campo e a Ramil dende a distancia.

Tarde agradable, con sol e moi boa temperatura en Prados Vellos. Un Numancia xuvenil moi mermado, con 11 xogadores e dous suplentes con problemas físicos, recibía a un dos equipos da zona alta da táboa, o Cebarca.

Poidemos ver una primeira metade bonita, un partido aberto con ocasións de gol. Un Numancia moi metido no partido facía bo xogo, aínda que como de costume, sen acerto nos últimos metros. Un Cebarca sorprendido, tamén levaba algún perigo a meta de Tito. Unha indecisión na defensa numantina propiciaba o 0 - 1 ós 30 minutos de xogo. Intentou ó Numancia conseguir ó empate, sen premio. Excesivo castigo nesta primeira metade.

Na segunda parte, moi malos 20 minutos do Numancia, que viu como un gol olímpico e un balón ás costas da defensa suporían o 0 - 2 e 0 - 3 respectivamente. Parecía que o partido estaba sentenciado, pero… apareceu o espíritu numantino. Si, esas gañas que botábamos de menos no conxunto xuvenil. Un balón ás costas da defensa do Cebarca e recollido por Manu en posición ilegal que o colexiado non aprecia, e cando se dispoñía a rematar a gol e derrubado por un xogador visitante. Penalti claro, asubiado polo colexiado, aínda que sen a correspondente sanción disciplinaria. Penalti transformado por Juanra, con suspense, pero 1 - 3 no marcador, había partido. No seguinte minuto, outro pase ás costas da defensa visitante e aproveitado por Jony en posición mais que dubidosa, cun toque sútil por enriba do porteiro, Jony conseguía o 2 - 3 a falta de 10 minutos para ó final. Neses últimos minutos, medo no corpo dos visitantes e acoso numantino a portería do Cebarca. Disparos lonxanos, saques de esquina… non había acerto nin sorte. Finalizaba pois o encontro cunha derrota dolorosa e inxusta, xa que ó Numancia neste partido mereceu mais.

En definitiva, felicitar ós 12 campións que loitaron neste encontro, dando a cara en momentos compricados para ó equipo e plantándolle cara a un bo conxunto como e o Cebarca. Tamén felicitar a Mirlo, que non poido xogar por problemas físicos, pero estivo no banco apoiando ós seus compañeiros.

Gran sacrificio de todos ós xogadores, en especial de Amenedo e Dani que aguantan ó tipo e o dan todo polo equipo a pesar de estar arrastrando problemas físicos. ¡¡¡Esta e a actitude¡¡¡ Toca seguir así, recuperar efectivos para enfrontarse ó Ánimas o vindeiro sábado ás 19:00 no campo de A Gándara en Ferrol. Outro partido compricado, !!! A por todas¡¡¡.

¡¡¡Vémonos ó sábado na Gándara¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.