XUVENÍS. PERLIO, 7 - NUMANCIA, 0.
CAPEANDO Ó TEMPORAL
¡!! A can fraco todas son pulgas¡¡¡. A esta plantilla, xa de por sí minguada polas baixas, tampouco lle acompaña a sorte coas lesións.
Os Pinares (Perlio) 29 de xaneiro de 2011.
NUMANCIA: Mirlo, Coco, Dani (Amenedo 30´), Álvaro, Victor, Moabe, Manu, Jony, Pablo (Tito 46´), Juanra e Brayan.
COLEXIADO: D. José Luís Corral Franco (Delegación de Ferrol).
Vixésimo primeira xornada da Liga Xuvenil onde ó Numancia non tivo nada que facer ante ó Perlio na súa visita as magníficas instalacións de Os Pinares.
Nunha tarde fría de sábado viaxou o conxunto xuvenil do Numancia a Perlío. Chegaba moi mermado ó Numancia a este partido, con 13 xogadores, dous déles porteiros e outros dous mermados físicamente.
Comezaba o encontro co primeiro gol do Perlío. Ós locais nos primeiros 15 minutos conseguirían dous goles, que poideron ser máis, ante a falta de intensidade numantina. Espertaron os de Ares, e tiveron o control do balón durante 15 minutos, chegaron con perigo a portería local, pero como sempre, sen acerto e sen premio. Para colmo, un novo regalo da defensa numantina o aproveita o equipo local para conseguir o 3 - 0. Tamén chegaría a lesión de Dani, entrando Amenedo no campo e quedando ós numantinos cun só cambio no banquillo, un porteiro.
Na reanudación, xa tivo que sair o porteiro Tito de dianteiro ante a lesión de Pablo. Limitouse ó Numancia a capear ó temporal, incluso mereceu o gol en varias ocasións. Pero nos últimos 15 minutos o cansazo dos de Ares e o bo facer local, deixarían o resultado no 7 - 0 coñecido, algo cruel para o traballo numantino, xa que merecerán cando menos algún gol. Con este panorama, finaliou o encontro.
En definitiva, trámite cumplido polo Numancia na súa visita a un dos candidatos ó título de Liga. Agora o que toca e recuperar ó maior número de efectivos posibles, para acabar a Liga con dignidade.
Próximo partido, Numancia – Cebarca, un partido onde ó plantel espera poder resarcirse do 6 - 2 do partido da ida en A Barqueira. Para iso espera contar co apoio da fiel e sufridora afección do Numancia xuvenil.
¡¡¡Ó sábado as 16:15 todos co Numancia xuvenil¡¡¡
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡