XUVENÍS. NUMANCIA, 1 - ORTIGUEIRA, 2.

ADR Numancia de Ares. Xuvenís 2010-2011. Numancia 1 - Ortigueira 2. Prados Vellos.QUE DURO É PERDER CANDO SE LOITA POR GAÑAR.

Vixésima xornada da Liga Local Xuvenil onde o Numancia caeu derrotado inxustamente ante o Ortigueira en Prados Vellos ante preto de 100 valientes espectadores.


Ares 22 de xaneiro de 2011.

NUMANCIA: Tito (Mirlo 46´), Coco (Juan 75´), Dani, Álvaro, Pepe, Víctor (Rubén 65´), Quique, Iván (Jony 70´), Moabe (Amenedo 78´), Manu e Juanra.

COLEXIADO: D. Alejandro Miño Pico (Delegación de Ferrol).

GOLES: Juanra

 


Tarde moi fría e con moito vento en Ares. Iso si, con moito sol. Sol e tamén bastantes claros no xogo do Numancia nunha primeira metade onde ós de Ares ofreceron bo xogo e bastantes ocasións de gol neste partido ante o Ortigueira, un equipo de nivel parello ó numantino. Como dicimos, primeiros 30 minutos de claro dominio numantino, pero… ó fútbol non entende de dominio, falta colgada polo Ortigueira á área , indecisión entre o porteiro e a defensa, e ¡¡¡gol do Ortigueira¡¡¡ 0 - 1 no minuto 33, tocaba remontar. Intentouno ó Numancia antes do descanso, pero sen sorte.

Increible comezo da segunda metade. No saque de centro, un xogador visitante dálle unha fermosa asistencia ó vento, e este último introduce o balón na portería do debutante Mirlo. Un golazo. ¡¡¡Ver para creer¡¡¡ 0 - 2 e toda a segunda metade por diante, ¡¡¡vamos Numancia¡¡¡. Non podía ser, Juanra se encargaría de recurtar distancias no seguinte minuto aproveitando unha boa asistencia para batir o porteiro visitante. 1 - 2, todo como estaba no descanso, cun gol de diferencia, inxusto pero remediable. Pero… bo xogo, loita, xogo directo, ambición, ocasiós, mais ocasións…. ¿qué mais se podía facer?. Non quixo entrar o balón na portería ortegana, e entre desilusión, impotencia e rabia encaixaba unha nova derrota ó Numancia nesta liga. Mala sorte. Noraboa Ortigueira… iso si, ¡¡¡Increible¡¡¡..

En definitiva, pouco mais podemos dicir deste partido. Bueno si, unha importante reflexión. ¿Por qué non se xoga e se loita así todos ós días? Hoxe ó Numancia xuvenil “lle jode… perder”. Iso e unha boa sinal, ¿recuperación de compromiso, de esforzo, de ambición? De momento o que está a recuperar este equipo son efectivos. Esperemos que se sigan recuperando mais, que as notas acompañen, e sobretodo esos cerebros moi compricados na etapa adolescente tamén o fagan. Queda moita tempada, moito por facer, e moito por remediar. ¡¡¡Todos estamos a tempo¡¡¡

O vindeiro partido será o próximo fin de semana ante un dos equipos que pelexan por xogar a fase de ascenso, o Perlío no campo dos Pinares. Bonito escenario para plantar cara a un bo equipo, e ¿por qué non?, comezar a ser xuíces da Liga dando a campanada en Perlio.

¡¡¡Vémonos nos Pinares o próximo sábado¡¡¡ ¡¡¡A seguir traballando¡¡¡

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.