XUVENÍS. NUMANCIA, 0 - R. DE NEDA, 0.

SDR Numancia de Ares. Xuvenís 2010-2011. Numancia 0 - R. de Neda 0. Prados Vellos.PARTIDO ABURRIDO PARA COMEZAR O AÑO.
¿Respecto, medo, falta de ambición?, ¿Quen o sabe?. Ou quizais un compendio de todo. O caso é que o Numancia e o Neda ofreceron un pobre espectáculo futbolístico.


Ares 8 de xaneiro do 2011.

ALINIACIÓNS:
NUMANCIA: Tito, Coco, Brayan, Jorge, Álvaro, Víctor, Pablo (Ruby 65´), Iván (Pena 76´), Juanra, Moabe e Manu.

R. DE NEDA: Jorge Juan (Bruno 77´), Rubén, Abel, Alejandro, Ricardo, Raúl, Francisco (Brais 65´), David (Santiago 65´), Diego (Jairo 80´), Pablo (Marlón 77´) e Javier.

COLEXIADO: D. Juan Orozco Corredoira (Delegación de Ferrol). Expulsou a Brayan do Numancia.

Primeiro partido do ano o vivido o sábado nunha fría mañá de inverno. Comezou o encontro con ámboslos dous equipos máis preocupados en defender a súa portaría que de intentar atacar a do rival. Malia iso parecía que o Numancia circulaba un pouco mellor o balón se ben o Neda apenas era capaz de pasar do medio campo. Froito deste mellor manexo do balón chegan as oportunidades dos aresáns; balón no área que non resolve Víctor e o rexeitamento na frontal recolleo Moabe que o manda ás nubes, penetración por banda de Víctor centro e Juanra só no remate comete falta sobre o porteiro visitante, e algunha internada esporádica de Coco, pero sen acerto. Nunha falta ao bordo do área provocada por Juanra dispón Iván da mellor ocasión para os de Ares, pero o seu forte disparo estrélase no longueiro.

Na segunda metade rómpese o partido cun xogo máis deslabazado por ámbaslas dúas partes e cun Neda que comeza a chegar á área local pero sen poñer en apuros en ningún momento a Tito. Poucas ocasións para ambos equipos, e a mellor délas, é para o Numancia nun tiro dentro da área de Juanra que é despexada ao alimón por dous defensas do Neda baixo os paus. Ao final repartición de puntos nun partido frío como o día. Quizais mereceu máis o Numancia xuvenil, pero como lle está a pasar toda esta tempada non consegue materializar as escasas ocasións de gol que crea, e iso reflíctese na clasificación.

A próxima xornada, visita a San Sadurniño, nun partido complicado ante un rival mellor situado na clasificación ca nós.

Valoracións:

O crack: Manu, que malia estar enfermo esta semana completou un bo partido.

O catacrack: Brayan, pola súa expulsión que non viña a conto unha vez rematado o partido.

O detalle: o pepinazo de Iván ao longueiro.

O árbitro: ben nun partido sen complicacións.

Vémonos en San Sadurniño, o vindeiro fin de semana, para intentar sacar algo positivo.

¡¡¡AUPA NUMANCIA!!!

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.