XUVENÍS. R. SAN PEDRO, 3 - NUMANCIA, 2.
AGASALLOS ANTES DO NADAL
A falta de intesidade e a pasividade sentencio os de Ares.
A Gándara, 11 de decembro do 2010.
NUMANCIA: Tito, Coco, Álvaro, Amenedo, Jorge, Víctor, Quique, Moabe, Iván, Manu, Borja. Tamén xogaron: Juanra, Dani, Rubén, Pepe e Brayan.
COLEXIADO: D. Fernando Caruncho Paz. No Numancia amonestou a Brayan e a Manu.
GOLES: Borja (2) polo Numancia.
Décimosexta xornada da Liga Xuvenil Local onde o Numancia caeu derrotado ante o Racing San Pedro nas magníficas instalacións de A Gándara en Ferrol.
O Numancia, con 3 xogadores cadetes nas súas filas poñia terra de por medio ós 10 minutos de partido con 2 goles de cabeza de Borja aproveitando dous bos pases de Manu e Víctor respectivamente, gañando ás costas a defensa local. Pero xa antes do descanso o R. San Pedro era capaz de empatar o partido aproveitando a pasividade defensiva dos de Ares.
Na segunda metade, viu o castigo. Tercer gol do R. San Pedro e victoria para ós locais, ante a impotencia e pasividade numantina. Polo tanto, finalmente os 3 puntos quedaron en Ferrol.
Agora toca estar unidos, reflexionar e pensar que por enrriba de todo, e de todos, esta un escudo, unha historia, unha camiseta e unha entidade, a SDR Numancia de Ares coa que todos temos un compromiso como mínimo, ata o final desta tempada.
O vindeiro sábado ás 16:00 en Prados Vellos último partido do 2010 ante a SD Val.
¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡