XUVENÍS. NUMANCIA, 2 - ASPIRANTES, 0.

SDR Numancia de Ares. Xuvenís 2010-2011. Numancia 2 - Aspirantes 0. Prados Vellos.VICTORIA NECESARIA
Pese a non xogar un bo encontro, en especial na primeira metade, os de Ares colleitaron tres puntos importantes.


Prados Vellos, 8 de decembro do 2010.

ALINIACIÓNS:
NUMANCIA: Álvaro, Coco (Iván 46´), Brayan, Amenedo, Pepe, Víctor, Juanra (Quique 63´)  Moabe (Borja 58´) Jony (Ricardo 72´) Manu, Dani (Ángel 70´).

ASPIRANTES: César (Iago 46´), Antón (Daniel 24´), Luís, Agustín (Miguel 46´), Lázaro, Brais, Iván, Cristian, Joam (Cristian 58´), Pablo, Iván (César 77´).

COLEXIADO: D. Daniel Barrera Lourido (Delegación de Ferrol). Amonestou a Iván e Ángel polo Numancia e a Lázaro e Cristian polo Aspirantes.

GOLES: Jony e Manu.

Decimoquinta xornada da Liga Xuvenil onde o Numancia venceu ó Aspirantes de Santa Marina en Prados Vellos ante preto de 100 espectadores.

Tócaba xornada entre semana nun mércores festivo con orballo e temperatura fresca. Neste día o Numancia xuvenil recibía ó último clasificado que aínda estaba sen puntuar, o Aspirantes. Temíase que poidera conseguir en Ares o seu primeiro punto, pero non, o Numancia impuxo a lóxica e foi quen de conquerir 3 puntos moi necesarios.

Na primeira metade os numantinos non xogaron nada ben. Estiveron relaxados, imprecisos, sen chispa. Se ben e certo que tiveron alguna ocasión de gol, tamén ós visitantes deron algún susto ó porteiro ocasional do Numancia Álvaro, que estivo moi acertado no seu cometido. Antes de chegar ó descanso, un precioso pase de Manu e aproveitado por Jony para envíar o balón o fondo da meta visitante e conseguir o 1 - 0. Con ese resultado chegamos ó intermedio.

Na reanudación, o Numancia estivo moito mellor. A xente de refresco, entre eles 3 cadetes, déronlle outro aire ó equipo, que estivo moito mas preciso e practicou un fútbol máis dinámico, aínda que ás veces abusando do fútbol directo cando non había nin présa nin necesidade de facelo. Pese a iso, deixou un bo sabor de boca na segunda metade o equipo local, tendo varias ocasións de gol claras das que soamente unha, a de Manu, tería como premio ó gol que establecía o 2 - 0 no marcador. Boa segunda metade, onde poido haber mais goles por parte de ambos equipos, pero o marcador non se moveu e quedou co xa coñecido de 2 - 0 favorable ós numantinos.

En definitiva, outro regular partido do Numancia que esta vez tivo o premio da victoria. En fronte tivo a un equipo de recente creación, moi voluntarioso e que de seguir mellorando dará mais dun susto nesta competición ós equipos que se confíen ante él.

Pouco tempo teñen ós numantinos para desfrutar desta victoria, xa que o próximo sábado as 16:00 no campo de A Gándara artificial, xogarán ante un rival parello e duro, o Racing San Pedro. Esperan seguir na boa línea contando coa fiel aficción numantina.

¡¡¡Vémonos o sábado as 16:00 na Gándara.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.