XUVENÍS. NARÓN, 1 - NUMANCIA, 0.

SDR Numancia de Ares. Xuvenís 2010-2011. Narón 1 - Numancia 0. O Cadaval.BO TRABALLO SEN PREMIO
Os de Ares non poideron traer nada positivo en cuanto a puntos na súa visita as instalación de O Cadaval, en Narón.


O Cadaval, 4 de novembro do 2010.

ALINIACIÓNS:
NARÓN: Arnaldo, William (David 70´), Ramón, Luís, David, Víctor, Adrián, Luís, Marcos, Julen, Enrique (Bruno 55´).

NUMANCIA: Álvaro, Coco (Ricardo 68´), Brayan, Amenedo, Jorge, Víctor, Juanra, Jony (Ángel 46´), Moabe, Manu e Dani.

COLEXIADO: D. Marco A. Calo Sobrado. Amonestou a Ramón e Bruno no Narón e a Jorge, Moabe e Juanra no Numancia. Expulsou a Amenedo polo Numancia.

GOLES: Luís Corral.

Nunha tarde fría e seca visitaba o Numancia ó Naron. Un Numancia baixo mínimos, cun xogador de campo de porteiro e con soamente 13 xogadores disponibles, contanto coa axuda do xogador cadete Ricardo. Con este panorama, saiu o Numancia a facer o seu partido, moi ben plantado no campo, replegado, intentando que o Narón non poidera combinar nin achegarse ás proximidades da portería numantina. Sufriron os locais na primeira metade para levar perigo a portería visitante, soamente o fixeron en pérdas do Numancia na saída do balón que provocaban ataques locais, que moitas veces termiñaban en córners que tamén levaban perigo a portería numantina. Pero o Numancia non soamente se dedicou a defender na primeira metade, e con balóns longos ós dianteiros e alguna que outra combinación levaron perigo a portería local e ben puideron conseguir tamén algún gol. Xusto empate ó descanso.

Na segunda metade, viuse arriba o Narón, incorporando os seus defensas laterais o ataque. Lonxe de amilanarse, o Numancia nos primeiros 20 minutos da reanudación foi quen de quitarlle o balón ós locais, xogando un fútbol combinativo que non tivo o premio desexado, o gol, simplemente polos erros na definición do ataque numantino. Cando mellor estaba a xogar o Numancia, veu o gol local nun contraataque do equipo naronés, onde os xogadores numantinos pecaron de inocentes e non foron capaces de frear a carreira de Luís que atravesou todo o campo sen que ningún xogador numantino fixese nada por impedilo. ¡¡¡Que boa xente somos¡¡¡ Tras ese gol, a falta de 20 minutos, o Numancia cambiou o seu plantexamento enviando mais xogadores a zona de ataque e adiantando as súas líneas. Con xogo directo, tivo o Numancia mais ocasións, pero coma case sempre, sen gol. Asumiu riscos o Numancia e poido matar o encontro o Narón en contraataques. Posteriormente, xusta expulsión de Amenedo, minutos tensos e un final do partido co Numancia volcado sobre a portería local, pero xa decimos, sen acerto, sen premio. ¡¡¡Goles son amores¡¡¡

En definitiva, un 10 para ós 13 xogadores que loitaron e deron a cara en Narón, pese a todas ás circunstancias que rodeaban ó encontro. Moitas baixas por enfermedades ou lesións que non poden servir de excusa. O Numancia ofreceu boa imaxe en Narón, pelexando, así con esa ambición, é como este equipo ira cara arriba, a bo seguro. Tamén será importante recuperar efectivos.

O próximo encontro o temos xa éste mércores, 8 de decembro, as 11:00, en Prados Vellos ante ó Aspitantes. Un partido onde o equipo xuvenil contará coa axuda de varios xogadores cadetes para intentar conseguir unha victoria e levantar a moral deste equipo. Precisan tamén, o apoio e comprensión de toda a afección numantina.

Vémonos este mércores as 11:00 en Prados Vellos.

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.