XUVENIS. MEIRAS, 2 - NUMANCIA, 0.

SDR Numancia de Ares. Xuvenís 2010-2011. Meirás, 2 - Numancia, 0. Misael Prieto.DIGNA IMAXE PESE A DERROTA
Undécima xornada da Liga Xuvenil Local onde o Numancia non poido dar unha ledicia a un bo grupo de afeccionados numantinos que acompañaron o equipo no sempre compricado terreo de xogo do Misael Prieto en Meirás.

Meirás, 13 de novembro do 2010.

ALINIACIÓNS:
MEIRÁS: Marcos, Martín (Emilio 58´), Edgar (Cristian 65´), Miguel (Brais 81´), Iván, Adrián, Sergio (Óscar 77´), David, Manuel, Sergio, Samuel (Pablo 53´)

NUMANCIA: Tito, Álvaro (Jony 46´), Amenedo, Jorge, Víctor (Rubén 62´), Juanra, Quique, Pablo (Manu 30´), Iván, Dani, Moabe.

COLEXIADO: D. Alejandro Méndez Bouza (Delegación de Ferrol). Amoestou a Sergio, Adrián, Iván e Sergio no Meirás. No Numancia amonestou a Iván, Dani, Pablo e Manu.

GOLES: Iván e David no Meirás.

Nunha tarde propia do inverno, con vento, choiva e algo de frío, viaxaba o Numancia xuvenil a Meirás, para enfrontarse o equipo local. Un Numancia mermado polas baixas e polas molestias dalgúns dos seus xogadores que fixeron un esforzó polo equipo pese a súa situación física.

Comezaba o partido cos numantinos ben posicionados no campo. Ben e certo que o Meirás co seu xogo combinativo tivo varias ocasións na primeira metade para adiantarse. Pero tamén as tivo o Numancia o contragolpe e nas xogadas de estratexia. Ningún dos dous equipos conseguía marcar na primeira metade, polo tanto 0 - 0 ó descanso.

Na segunda metade chegou a choiva con forza, e con ela as malas novas para os numantinos. No minuto 47´ unha xogada por banda do Meirás e rematada por David, facendo o 1 - 0 no marcador, que sentou como un xarro de auga fría para os numantinos. Intentaron reaccionar os aresáns, pero no rexeite dun córner a defensa numantina non está o suficientemente atenta para impedir o remate de Iván dende fora da área que poñía o 2 - 0 no marcador, os 55´ minutos do encontro. Cun campo que cada vez se poñía peor, e cun plantel moi mermado estaban moi compricadas as cousas para o Numancia. Pero non se renderon os nosos xogadores, e abofé que tiveron varias oportunidades para empatar o encontro, pero os fallos nas definicións e a mala fortuna impediron que sacaran algo positivo.

Hai que felicitar os 14 xogadores que saltaron o sábado o campo de Meirás. Pese as dificultades, deixaronse a pel polo escudo numantino, sen sorte, pero non hai nada que reprocharlles, todo o contrario. Non é culpa deles que dous compañeiros estén lesionados, outro deles co primeiro equipo e o mais grave, que 3 “compañeiros” os deixaran tirados nesta aventura, baixándose do barco hai dúas semanas, perxudicando o equipo e ó club.

Agora o Numancia xuvenil ten unha xornada de descanso que ven como auga de maio. Dúas semanas de adestramentos por diante, onde se espera recuperar efectivos, ¡¡¡recuperar un equipo¡¡¡

Quedan aínda 21 partidos por desputar, o que é o mesmo, quedan 63 puntos por xogar. Ista liga xuvenil ten dúas características, e longa e moi igualada. Se o Numancia recupera un equipo, a confianza e a fe, aínda está a tempo de facer unha boa competición.

Próxima cita, dentro de 15 días en Prados Vellos ante o CD As Pontes “B”

Hoxe mais que nunca:

¡¡¡AUPA NUMANCIA¡¡¡

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.