Inicio Noticias Cadetes CADETES. NUMANCIA, 5 - G. MUGARDOS, 5. (Penaltis 1 - 3)
 
 

CADETES. NUMANCIA, 5 - G. MUGARDOS, 5. (Penaltis 1 - 3)

SDR Numancia de Ares. Cadetes 2010-2011. Trofeo Picas. Numancia 5 - G. Mugardos 5. Prados Vellos.O GALICIA DE MUGARDOS LEVOUSE O TROFEO “PICAS” EN CADETES
Partido con moitos goles ao que se chegou ao final con empate a cinco tantos polo que houbo que recorrer á quenda de penaltis para coñecer o gañador.


Ares 28 de agosto de 2010

ALINIACIONES:
Numancia: Kike, Ricardo, Pepe, Javi, Dani, Xaime, Juan, Miguel, Edu, David e Borja. Tamén xogaron Juan Carlos, Andrés, Alejandro, Dario, Miguelito e Roque.
Galicia de Mugardos: David, Remus, Mateo, Adrián, Juan Blanco, Juan Martínez, Andrés, Fabio, Guillermo, Borja e Álvaro. Tamén xogaron: Bruno, Roberto e Joel.

ÁRBITRO: Elena García Puente.

GOLES:
Numancia: Edu (3), Borja Vilasánchez (2).
Galicia de Mugardos: Fabio (2), Álvaro, Andrés e Borja Plana.

 

Encontro moi igualado tanto no terreo de xogo como no marcador. Ningún dos dous conxuntos deu tregua ata o asubío final con alternancias no marcador e resultado incerto a teor do desenvolvemento do encontro. Corría o minuto 13 cando Edu supera á defensa e ao gardameta visitante para pór un pase en profundidade a Borja Vilasánchez que marca a porta baleira para adiantar ao Numancia 1 - 0. Anteriormente os de Ares xa gozaran de dúas boas ocasións na botas de Juan e Borja. No minuto 20 chega a igualada, libre directo que executa Borja Plana e supera a Kike por alto 1 - 1. No minuto 31 volverían adiantarse os de Ares, nesta ocasión sería Borja Vilasánchez, quen devolve a testemuña a Edu para que este marque 2 - 1. Pouco duraría a alegría local posto que dous minutos máis tarde un fallo da zaga aresá propicia o remate de Alvaro García, libre de marca no punto de penalti, para enviar ao fondo das mallas, de novo táboas no marcador 2 - 2. No minuto 40 e coa primeira metade prácticamente rematada, un penalti cometido por Javi sobre Borja Plana, e que materializaría Andrés Gómez, permitía aos mugadeses irse ao descanso cun 2 - 3 a favor. Nesta primeira metade a pesar de porse por diante no marcador os de Ares en dúas ocasións, o mellor xogo e colocación dos mugardeses propicio que se fosen aos vestiarios cun gol de vantaxe.

Nada máis iniciada a segunda metade, aos tres minutos, un pase en profundidade de Miguelito ás costas da defensa, recólleo Edu e de vaselina supera ao cancerbeiro mugardés, para levar de novo as táboas ao marcador 3 - 3. Dous minutos despois o Galicia vólvese a pór por diante, forte disparo de Fabio desde fóra da área que pega no traveseiro e cóase na meta aresá, imparable para Kike, 3 - 4. Un minuto mais tarde serían de novo os de Ares, en xogada similar á anterior pero nesta ocasión a pase de Pepe, para que Edu volva establecer o empate 4 - 4. Por mor dos dous últimos goles do Numancia, cambio de porteiro no Mugardos, volve saír David que fora substituído por Bruno no descanso. O gardameta visitante xoga adiantado para contrarrestar os balóns en profundidade aos dianteiros aresáns conseguíndoo en varias ocasións. No minuto 23 Borja Vilasánchez róuballe a carteira a David nunha das súas saídas e marca a porta baleira para pór por diante aos de Ares 5 - 4. Dende aquí ao final, partido roto, pouco xogo, moitas impresións e fútbol directo. No minuto 32 un balón colgado ao área local é rematado por Fabio ao fondo das mallas para establecer o empate 5 - 5, co que se chegaría ao final do encontro.
Houbo que recorrer ao punto da pena máxima para saber quen levaría o trofeo a casa. O maior acerto dos visitantes dende o punto fatídico, 1 - 3, permitiulles levar a copa a Mugardos. Os nosos parabéns.

Agradecer desde esta crónica, a colaboración, o entusiasmo e o afán competitivo de Picas para desenvolver este Trofeo, por excelencia, o seu Trofeo. Agradecer tamén a presenza nas bancadas da numerosa afección, local e visitante, que se desprazou ata Prados Vellos para animar aos rapaces.

Próxima cita dos cadetes, o vindeiro sábado, 4 de setembro, ás 17:00 horas en Prados Vellos.
NUMANCIA - RACING SAN PEDRO.
Vémonos.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.