CADETES. O VAL, 6 - NUMANCIA, 4.

SDR Numancia de Ares. Cadetes 2010-2011. O Val 6 - Numancia 4. 21/08/10. Sinde.PRIMEIRA PROBA LOGO DA VOLTA AO TRABALLO.
Ainda que o equipo deixou algunhas boas sensacións, todavía queda moito traballo por diante.

 

Ares, 21 de agosto de 2010.

Logo dunha primeira semana de adestramento tocaba madrugar para desprazarnos ata O Val a disputar o primeiro partido de pretemporada no que puidemos ver as evolucións dos cadetes. Inmersos en pleno período vacacional o madrugón non lle sentou nada ben, a máis dun, e as sábanas quedáronlles pegadas. Ao final todo quedou nunha anécdota.

A aliñación inicial foi esta:
Kike, Pepe, Miguelito, Adrián, Miguel Piñeiro, Juan, Borja, Xaime, Ricardo, Edu e Quique.

Tamén xogaron:
Dani, Juan Carlos, Alejandro, David e Andrés

Comezaba o encontro co dominio dos aresáns que no primeiro cuarto xogaron os mellores minutos do encontro creando varios ocasións claras de gol. Aos poucos os locais fóronse desperezando tamén do madrugón e comezarían a marcar o tempo do encontro. Á contra e gañado as costas á defensa aresá chegaría o primeiro tanto do partido. Minutos despois e froito dun penalti os de Ares encaixarían o segundo gol. Os locais tomaron as rendas do partido e a súa maior velocidade en ataque propiciaríalles algunhas ocasións claras que Kike encargaríase de desbaratar, pero aínda así chegaría dous novos goles, para colocarnos 4 - 0. A pesar da goleada os aresáns non se amedrentaron e fóronse arriba, tiveron uns bos minutos y Edu encargaríase de reducir as distancias ata en tres ocasións para marchar ao descanso cun 4 - 3 favorable aos locais.
A segunda metade tivo unha similitude igual á primeira, aínda que o cansazo e a calor, pronto comezou a facer mella nos xogadores polo que a intensidade do partido ralentizouse bastante. Nesta segunda metade os locais volverían marcar dous novos tantos. Quique maquillaría o resultado de sensacional lanzamento dende a periferia do circulo central que sorprendeu ao gardameta valexo, para chegarse ao final do encontro con 6 - 4 a favor dos locais.
Ao longo do encontro Dani deu entrada a todos os xogadores presentes da plantilla probando a algúns deles en posicións que non son as habituais.


A próxima cita será o sábado, 28 de agosto, ás 11:00, en Prados Vellos, disputándose o Trofeo “PICAS” fronte ao Galicia de Mugardos.
Vémonos o vindeiro sábado.

  

SDR Numancia de Ares. Cadetes 2010 - 2011. O Val - Numancia. 21/08/10. Sinde.SDR Numancia de Ares. Cadetes 2010 - 2011. O Val - Numancia. 21/08/10. Sinde.

 

 

 

 

 

 

 

SDR Numancia de Ares. Cadetes 2010 - 2011. O Val - Numancia. 21/08/10. Sinde.SDR Numancia de Ares. Cadetes 2010 - 2011. O Val - Numancia. 21/08/10. Sinde.

 

 

 

 

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.