Inicio Noticias Cadetes CADETES. NUMANCIA, 0 - CEDEIRA, 2.
 
 

CADETES. NUMANCIA, 0 - CEDEIRA, 2.

SDR Numancia de Ares. Cadetes 2009-2010. Numancia, 0 - Cedeira, 2. Prados Vellos.VOLTAMOS AS ANDADAS.


Mal resultado para os aresáns de cara o encontro de volta en O Beco.


Prados Vellos, sábado 5 de xuño do 2010.

Semifinal de Copa, categoría cadete (encontro de ida).

NUMANCIA, 0 - CEDEIRA, 2.

ALINIACIÓNS:
Numancia: Carlos, Ángel, Adrián (Miguelito min 54), Pepe, Quique, Miguel Piñeiro (Roque min. 66), Javi, Xaime (Andrés Novoa min. 70), Juan (Dani min. 71), Edu e Ricardo (David min. 64).
Cedeira: Alejandro Álvarez, Javier García (Jorge min. 55), Andrés, Óscar (Bruno min. 65), Daniel Rodríguez, Manuel, Alex, Antonio, Daniel Bellas (Gonzalo min. 75), Javier Rodríguez (Fernando min. 38) e David Yañez (Alberto min. 70).

COLEXIADO: D. David Saavedra Carneiro (Delegación de Ferrol).

GOLES:
Min. 45: GOOOOOOOOOOL DO CEDEIRA!, disparo de Antonio dende o bode do área, Carlos rexeita o tiro e Alex libre de marcaxe envía a fondo das mallas, 0 – 1.
Min. 81: GOOOOOOOOOOL DO CEDEIRA!, disparo de David, Carlos volve a rexeitar o balón e de novo Alex bate a meta aresana, 0 – 2.

COMENTARIO:
O futbol e unha actividade deportiva na que se perseguen unha serie de metas como son: fomentar o compañerismo, facer deporte, educar os rapaces en saber gañar e perder, no respeto os contrarios, os arbitros e os siareiros de ambolos contendentes. Todo isto ben a conto porque últimamente os nosos xogadores non son quen de rematar un partido sin que boten a algún deles. E non pensan que os grandes perxudicados son o resto do equipo e a sociedade pola que pelexan e a que representan cando saltan a un terreo de xogo. Temos que reflexionar todos e cada un de nos para que isto non volva a suceder no futuro.
Feliciar o Cedeira por ser un xusto gañador do encontro por colocación no campo, gañas e saber aproveitar as ocasións que tivo.
Polo Numancia destacar a gran labor da defensa numantina e en especial a Pepe e Ángel (hai que xogar un pouco mais tranquilo) e as incursións de Miguelito pola banda.

Algunhas xogadas destacadas:
Min. 14: falta que saca Dani e deten Carlos.
Min. 20: falta que saca Dani, remata Javier e Pepe baixo paus bota o balón a corner.
Min. 25: balón que controla Edu no borde do área, o seu remate sae polo lateral da portería.
Min. 36: pase de Xaime cara atrás e Carlos colle o balón coas mans o arbitro pita cesión. O libre indirecto sacao con prontitude Antonio e o balón estrelase no pau.
Min. 44: tiro lonxano de Edu que atrapa Alejandro sin problemas.
Min. 53: internada de Ricardo que e derrubado dentro do área, o colexiado no aprecia nada.
Min. 57: internada de Quique por banda e o seu centro e despexado coa man por Óscar dentro do área o colexiado de novo non sinala nada.
Min. 60: corner botado por Quique e o balón peta no longueiro.
Min. 72: disparo dende o borde do área de Edu e Alejandro nunha gran estirada envía o balón a corner.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.