Inicio Noticias Cadetes CADETES. PORTUARIOS "B", 0 - NUMANCIA, 1
 
 

CADETES. PORTUARIOS "B", 0 - NUMANCIA, 1

SDR Numancia de Ares. Cadetes 2009-2010. Portuarios O UNICO POSITIVO, OS TRES PUNTOS.
Durante case toda a segunda metade con superioridade numérica, os aresáns, só foron capaces de derrotar pola minina ao conxunto ferrolá.


A Gándara, venres 9 de abril do 2010.

1ª Xornada de Copa, categoría cadete, grupo 2º.

ALIÑACIÓNS:
PORTUARIOS “B”: Luís, Javier, Alejandro, David, Adrián López (Carlos min. 58), Fernando (Jorge min. 54), Juan (Cristián min. 68), José (Ignacio min. 70), Adrián Planas, Manuel e Borja.
NUMANCIA: Carlos, Pepe, Brayan (Roque min. 61), Miguel Piñeiro, Ángel, Javi (Adrián min. 55), Ricardo (Dani min. 70), Miguel López, Edu, Antonio (David min. 41) e Juan.

GOLES:
0 – 1 min. 65 Edu.

COLEXIADO

José A. Rodríguez Dopico (Delegación de Ferrol).
Amosoulle cartón vermello directo a Adrián Planas e Carlos Teijeiro, e cartón amarelo a Javier, Fernando, Manuel, Carlos Teijeiro e Jorge polo Portuarios B. Polo Numancia recibeu cartón amarelo Roque.

COMENTARIO:
Encontro para esquecer. Un mal día teno calquera.

MINUTO A MINUTO:
1ª METADE:
M 3: centro a área do Numancia que Adrián Planas remata por encima do traveseiro.
M 4: centro de Miguel López desde a liña de fondo que Edu remata de cabeza por encima do traveseiro.
M 5: cabalgada de Miguel López pola banda dereita, intérnase na área ferrolá dispara, e o gardameta co pé envía a corner.
M 7: disparo de Juan desde fóra da área que Luís envía a corner con moita dificultade.
M 21: disparo de Miguel López desde fóra da área que marcha excesivamente alto.
M 26: disparo de Edu desde fóra da área que sae preto do traveseiro.
M 38: saque de falta de Ángel sobre Brayan, éste intérnase na área, regatea a dous defensas pero Luís bótaselle enrriba e impide que o dianteiro aresá dispare con comodidade. O balón vaise fora pegado a base do pau.

2ª METADE:
M 63: balón colgado ao área do Numancia que nin Carlos nin a defensa aresana son capaces de afastar. Fórmase un barullo na área, que incompresiblemente non entra en meta, finalmente Adrián consegue despexar a corner. Bótase o Corner e de novo problemas para afastar o balón, perdendo o Portuarios unha gran ocasión para adiantarse no marcador.
M 65: balón que controla Edu en mediocampo, en carreira leva a dous defensas, intérnase na área e case se ángulo bate a Luís de forte disparo a media altura, 0 - 1.
M 76: internada de Edu pola banda esquerda, disparo a porta e o balón sae pegado ao traveseiro.

 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.