Inicio Noticias Cadetes Cadetes. Eume Deportivo, 1 - Numancia, 1.
 
 

Cadetes. Eume Deportivo, 1 - Numancia, 1.

SDR Numancia de Ares. Cadetes 2009-2010. Eume Deportivo 1 - Numancia 1. A Gándara (Pontedeume)Sorpresa no campo de A Gándara en Pontedeume.

Un Numancia con moitas baixas augalle a festa a un dos galos da categoría. 

 

 Sábado, 12 de decembro do 2009.
13ª Xornada, categoría cadete, 2ª autonómica, grupo 4º.
EUME DEPORTIVO, 1 – NUMANCIA, 1.
Alineacións:
EUME DEPORTIVO: José Vidal, Jaime Couce, Sergio (Alejandro m. 69), Francisco, David Allegue, Edgar, Rasgado (David m. 52), Daniel (Jorge m. 67), Tomás (Diego m. 52), Fernando e Josuha (Alberto m. 59).
NUMANCIA: Carlos, Roque (Adrián m. 41), Pepe, Xaime, Javier (Antonio m. 61), Dani (Miguelito m. 67), Ricardo, Martín, Edu, Quique e Miguel López.

COLEXIADO: Juan J. Pita Fragoso.

CARTÓNS:
Recibeu cartón amarelo David Allegue polo Eume Deportivo.



COMENTARIO:
Partido complicado para os aresás fronte ao terceiro clasificado, e que a priori tiña un claro favorito a tenor dos resultados colleitados por parte de ambolos dos conxuntos. Os aresás enfrontábanse ao equipo que máis goles marcou, e o que menos encaixou, no que vai de campionato. A isto había que engadir o hándicap das baixas, os de Ares presentábanse ao choque infestados de baixas, ás de Juan e Miguel Piñeiro por lesión, e Brayan por sanción, houbo que engadir as de ultima hora de Anxo e David, polo que unha vez máis houbo que botar man dos infantís, Miguelito e Martín.
A pesares de todos os inconvintes, os de Ares sorprenderon aos afeccionados que se desprazaron a Pontedeume a animar ao equipo. Afeitos a como nos teñen a xogar unha primeira metade frouxa e de mal fútbol, nesta ocasión saíron moi mentalizados e moi mentidos no encontro, realizando un dos mellores partidos da tempada. O equipo saleu enchufado, non entregou a toalla nos oitenta minutos e non se amedrentou ante o potencial do Eume. Que foi un equipo algo máis ordenado, que tratou máis de xogar a pelota e domino os primeiros minutos de ambalas duas metades. Unha vez que os de Ares entraron no partido xogaron as súas bazas e ao contragolpe levaron moito perigo ao área eumesa.
Ao final, empate e punto merecido, que fai xustiza ao visto no terreo de xogo, polo que hai que felicitar aos rapaces. Eles son os que teñen que convencerse que con traballo, boa actitude e gañas de querer facer ben as cousas pódense obter bos resultados.
Con este encontro ponse fin á primeira volta do campionato de liga no que os resultados colleitados polos aresáns non arroxan un bo balance. Dos trece encontros disputados, catro gandos, tres empates e seis derrotas. Especial mención hai que facer ás derrotas, pois algunhas delas materializáronse, pola falta de aptitude, espírito de loita, concentración e mentalización. Aínda que, se o equipo sae ao terreo de xogo, coas ganas e o ímpeto como o que puxeron no partido de hoxe, aínda queda moito que gozar na segunda volta.

MINUTO A MINUTO:
1ª METADE:
M 2: contraataque polo centro que conduce Miguel López, cede sobre Edu situado á súa esquerda e éste desde o pico da área dispara, aínda que o seu disparo foi algo frouxo o guardameta eumés tivo dificultades para deter o esférico polo estado do terreo de xogo.
M 5: centro do Eume desde os tres cuartos do campo aresá, a defensa non dá sacado o balón da área, chega a Daniel Bello que de forte disparo axustado á base do pau case sorprende a Carlos.
M 9: xogada pola banda esquerda do Eume que alcanza a liña de fondo, centro atrás, e Josuha sen oposición remata ao fondo das mallas 1 - 0.
M 10: roubo de balón de Miguel López no círculo central, vaselina ás costas dos defensas eumeses que por velocidade recolle Edu, encara ao gardameta nun man a man e o seu disparo cruzado sae rozando o pau.
M 15: recuperación de Martín no medio campo eumés, pon un balón templado ás costas dos defensa que recolle Edu de novo por velocidade, controla, encara ao gardameta e de tiro raso cruzado establece a igualada, 1 - 1.
M 17: pase en profundidade de Quique sobre Edu que protexe Sergio para que recolla o gardameta eumés, o dianteiro aresá, moi hábíl, mete a punteira da bota entre ambos e toca o suficiente o esférico para desvialo. O gardameta detivo de milagre.
M 20: saque de esquina do Eume, Xaime falla no despexe e o balón cae nos pés de Fernando que sen pensalo chuta, o seu disparo sae rozando a base do pau.
M 23: fallo clamoroso de Xaime no mediocampo aresá que deixa o balón nos pés de Tomás, encara a Carlos quen en primeira instancia detén de espectacular parada. O rexeite é recuperado por Daniel Bello pero o seu disparo prácticamente a bocaxarro, afortunadamente, sae por riba da meta numantina.
M 27: libre directo que executa Daniel Bello desde mediocampo aresá, o seu disparo tócao o suficiente Carlos coa punteira dos dedos para que salga por riba do traveseiro.
No mesmo minuto saque rapidísimo de Carlos que colga en campo eumés, controla Miguel López que inicia o contraataque numantino pola banda dereita, pase da morte que supera ao gardameta e Edu non chega por moi pouco.
M 31: pase en profundidade do conxunto eumés ás costas da defensa aresá, Fernando por velocidade recolle e encara nun man a man a Carlos que moi valente tírase aos pés do dianteiro e desbarata a ocasión de gol.

2ª METADE:
M 48: saque dende o curruncho de Quique, o balón pásease por toda a área eumesa sen atopar rematador.
M 52: o Eume goza de dúas ocasións seguidas na mesma xogada, saque de banda e centro chute envelenado ao área pequena que Carlos despexa de puños con dificultade. O balón cae nos pés de Fernando, encara de novo a Carlos pero o seu remate golpea no peito do cancerbeiro aresá, afastando en ultima instancia Xaime o perigo da área visitante.
M 54: ocasión para o Eume, de novo Fernando, nun man a man con Carlos, entre éste e Adrián encárganse de desbaratar a ocasión de gol.
M 32: recuperación de Quique no círculo central, vaselina ás costas dos defensas eumeses que por velocidade recolle Edu, encara a José Vidal que aguanta moi ben a saída e o dianteiro aresá estrela o esférico no corpo do gardameta.
M 78: libre directo moi próximo ao semicírculo da área eumesa que executa Martín, aínda que o disparo foi algo frouxo, o gardameta non bloca o esférico e Pepe moi atento a punto está de roubarlle a carteira.

Ao final do encontro Fran “o adestrador” manifestábanos:
Deille os parabéns aos rapaces, xogaron un bo encontro e estou moi contento. A pesar das baixas o equipo mantivo o tipo coa axuda inestimable dos infantís que foi moi importante. O Eume ten un equipazo, por iso é un dos que está arriba. Os nosos xogáronlles con moito respeto e nunca perderon o seu sitio. Co respeto co que lle xogamos hoxe ao Eume, se o fixeramos contra outros equipos como o Portuarios, Ortigueira, Mugardos, Aspirantes, por dicir algúns dos que están ao noso mesmo nivel, seguramente estariamos máis arriba.
Destacar as actuacións de Pepe, que estivo impresionante, o infantil Martín, Edu que terminou exhausto como case sempre e Carlos que sempre está aí.
Voume moi contento de Pontedeume pois nunca pensei sacar algo positivo neste campo e contra este gran equipo.
 

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.