Cadetes. Numancia 2 - Meirás 3

SDR Numancia de Ares. Cadetes 2009-2010. Numancia 2 - Meirás 3. Prados Vellos

Ao Numancia escapanseñe os tres puntos no tempo engadido.

 

 

 

Sábado, 21 de novembro do 2009.

10ª Xornada, categoría cadete, 2ª autonómica, grupo 4º.
NUMANCIA, 2 – MEIRAS 3.

Alineacións:
NUMANCIA: Carlos, Xaime, Pepe, Javi (Roque, min. 70), Ángel, Brayan, Edu, Antonio (Dani, min. 68), Ricardo (Sergio, min. 70), Miguel López e David (Adrián, min. 55).
MEIRAS: Marcos, Edgar, Emilio (Ángel, min 69), Carlos, Miguel, Sergio Orjales, José Martínez (Juan, min. 62), Vicente (Víctor, min. 58), Sergio Vázquez (Pablo, min. 60),  Adrián (Bieito, min. 63) e Sergio López.

COLEXIADO: Santi Graña Fuentes.


COMENTARIO:
Intenso e entretido encontro, ata o asubío final, o que se puido disfrautar en Prados Vellos o pasado sábado, no que se enfrontaban o Numancia e o Meirás. Ambolos dous conxuntos xogábanse moito, os locais para non seguir caendo na parte baixa da táboa e os visitantes para manterse na parte alta da mesma.
Na primeira metade, e como xa vén sendo habitual ao longo desta tempada, ao Numancia custoulle espertar. Durante o primeiros vinte minutos xogou un mal partido, co equipo descolocado e materialmente desaparecido do terreo de xogo. Esta situación propiciou que o Meirás xogase con moita comodidade, achuchando constantemente e creando constantes ocasións de perigo sobre a meta local, que ben puideron sentenciar o encontro. Foi a partir do minuto 18, a raíz do gol do empate, cando os aresás viríanse arriba e comezasen a facerse notar. O que propiciaría que o último cuarto da primeira metade a contenda estivese moito máis igualada.
Na segunda metade os locais foron superiores aos visitantes e levaron boa parte do peso do encontro. O gol temperán que lle marcaron ao Meirás fíxolles virse arriba e xogando ao contragolpe trouxeron en xaque constante ao equipo rival. Os aresás non mataron o partido e cando todo facía presaxiar que o encontro remataría cun 2 - 1 a favor, no tempo engadido encaixaban dous goles, que sentaron como un xarro de auga fría. O que permitiu ao Meirás levar tres inxustos puntos. Pero así é o fútbol, e nesta tempada xa son moitos os puntos que marcharon por falta de concentración ata o asubío final.
Minuto 3, chegaría o primeiro gol para os visitantes, propiciado por un erro de Pepe ao despexar un balón e que permitiu a Sergio Vázquez facerse co esférico para bater a Carlos dun disparo a media altura, 0 - 1.
Minuto 7, Pepe bota un corner e Edu peitea o esférico que marcha rozando o poste.
Minuto 17, falta que colga o Meirás na área aresá, fórmase un barullo que termina por rematar Sergio López á base do pau.
Minuto 18, penalti do gardameta visitante Marcos sobre Miguel López. Edu executa a pena máxima e establece a igualada, 1 - 1.
Minuto 41, novo corner botado por Pepe sobre a área visitante, Edu remata e o balón sae por moi pouco por riva do longueiro.
Minuto 48, Edu rouba un balón no tres cuartos, internase na área, faille unha vaselina ao gardameta que toca lixeiramente e Miguel López moi atento remata de cabeza ao fondo da malla, 2 - 1.
Minuto 58, saque en longo de Carlos que controla Edu, encara a Marcos quen de espectacular parada desvía o esférico.
Minuto 70, o colexiado anula un gol ao Numancia por posible falta de Edu.
Minuto 82, falta que colga o Meirás na área do Numancia, a defensa local non acerta a despexar o balón, e formase un barullo que é aproveitado por Sergio López para establecer a igualada, 2 - 2. A pesar das protestas ao colexiado por posible fora de xogo, o tanto subiría ao marcador.
Minuto 84, despexe en longo da defensa do Meirás que recolle Ángel no bordo da área numantina, leva á defensa e de fortísimo disparo a media altura bate a Carlos para establecer o resultado definitivo de 2 - 3.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.