Inicio Noticias Cadetes Cadetes. Numancia, 4 - O Val, 1
 
 

Cadetes. Numancia, 4 - O Val, 1

S.D.R. Numancia de Ares. Cadetes 2009-2010. Numancia, 4 - O Val, 1. Prados VellosXusta, merecida e curta vitoria do Numancia.
 

 

 

Sábado, 24 de outubro do 2009.

6ª Xornada, categoría cadete, 2ª autonómica, grupo 4º.
NUMANCIA, 4 - O VAL, 1.

Alineacións:
NUMANCIA: Carlos, Xaime, Miguel Piñeiro, Brayan, Pepe (Ricardo), Ángel, Javi (Adrián), Quique, Edu, Antonio (Juan) e Miguel López.
O VAL: Pedro (Andrés), Sergio Novo, Nicolás (Marcos Piñeiro), Juan López, Roberto, Sergio Busto, Juan Díaz (Germán), Alejandro Naveira (Alejandro Segade), Alberto, Marcos Rivero e Javier.

COLEXIADO: Roberto José Landrove Sande.

TARXETAS:
Recibeu cartón amarelo Brayan do Numancia.

COMENTARIO: O sábado nunha tarde de choiva miúda tivo lugar o encontro entre o Numancia e O Val correspondente á 6ª xornada do campionato de liga. A pesar da tarde desapracible foron moitos os afeccionados que se achegaron a Prados Vellos para animar aos rapaces.
Nesta xornada retornaba ás filas do Numancia Quique, ao que unha lesión lle mantivera apartado do equipo os últimos meses. E que mellor regreso pois foi unha  peza clave na vitoria dos aresáns. Victoria importante ante o terceiro clasificado e que a bo seguro levantará os ánimos, despois do fracaso da ultima xornada fronte o Galicia de Mugardos.
Na primeira metade do encontro non houbo un dominador claro do xogo, case todo se desenvolveu no mediocampo con moita circulación de balón pero con poucas chegadas claras á porta. Quizais houbo un pouco máis de acoso por parte dos aresáns pero sen moito perigo. Aínda así, sería O Val o que inauguraría o marcador no minuto 22, propiciado por unha perda de balón no circulo central dos numantinos, os valexos meten o esférico en profundidade ás costas dos defensa, Carlos sae baixo os paus e Marcos Rivero báteo de vaselina, 0 – 1.
Non sería ata o minuto 25, no que os aresáns, por medio de Edu, executarían o primeiro disparo con perigo sobre a meta visitante que saeu rozando o longueiro. No minuto 37, Carlos saca unha falta próxima ao círculo central, colga o balón na área, a defensa despexa mal e Edu consegue facerse co esférico para dar un pase medido a Javi que en carreira empala, e incomprensiblemente falla, cando toda a bancada xa cantaba o gol. Co resultado de 0 – 1 finalizaría a primeira metade.
Na segunda metade puídose gozar dun partido totalmente distinto. Os aresáns saíron envorcados dende o asubío inicial e pouco a pouco fóronse apoderando do terreo de xogo e dobregando o rival que non atopou a forma de desembarazarse da superioridade local. Froito diso foron as innumerables ocasións de gol creadas e erradas, porque só a falta de acerto da dianteira aresá impediu que a goleada fose moito maior.
Aos dous minutos de iniciada a segunda metade Pepe estrela un balón no lateral da rede. Dous minutos máis tarde Miguel López queda só ante o gardameta, e aínda que nunha situación un pouco forzada, envía o balón por enriba do longueiro.
No minuto 47 chegaría o empate para os aresáns, Quique bota un corner e Pepe de cabeza peitea o esférico e envíao ao fondo das mallas, 1 – 1.
Minuto 48, e cando aínda se estaba a gozar da igualada, xogada individual de Miguel López pola banda dereita, centro á área e Edu de cabeza pon por diante os aresáns, 2 – 1.
Nos minuto 53 e 55 o Numancia gozarían de dúas novas ocasións para aumentar a ventaxe, a primeira nas botas de Pepe en xogada individual pola banda esquerda, intérnase na área e de tiro cruzado estrela de novo o esférico no lateral da meta valexa. A segunda, saque en longo de Carlos, Edu peitea o balón que controla Miguel López e nun man a man co gardameta dispara un tiro cruzado que sae rozando a base do pau.
Minuto 70, Quique executa unha falta próxima ao circulo central, colga o balón na área e Ángel prolonga o esférico ata o fondo das mallas, 3 – 1.
No minuto 73, Edu de forte disparo dende fóra da área estrela o balón no longueiro.
Minuto 75, balón rifado na área visitante que Edu pelexa entre dous defensas e o gardameta, consegue facerse co esférico para marcar a porta baleira e establecer o 4 – 1 definitivo.

Colaboradores

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.