Cadetes: Numancia, 0 - Galicia Caranza, 4

S.D.R. Numancia de Ares.  Cadetes 2009-2010. Numancia, 0 - Galicia de Caranza, 4Primeira derrota no que vai de campionato.

 

 

Sábado, 10 de outubro do 2009.

Xornada 4, categoría de cadetes
NUMANCIA, 0 - GALICIA DE CARANZA 4.

Alineacións:
NUMANCIA: Carlos, Xaime (Roque, min 62), Adrián, Brayan, Juan (Dani, min 65), Ángel, Miguel Piñeiro, Javier (Ricardo, min 62), Miguel López, Edu, Antonio.
G. DE CARANZA: Antonio, Javier, Pablo Romero, David, Jorge, Alejandro, Pablo Pernas (Faustino, min 53), Leandro (Adrián, min 68), Felipe, Julen, Ramón (Brayan, min 52).

ARBITRO: Fernando Caruncho Paz.

TARXETAS:
Recibeu tarxeta amarela Brayan, e tarxeta vermella Fran (adestrador) ambolos dous do Numancia.
 

COMENTARIO:
Entretido encontro o que se puido disfrutar o pasado sábado en Prados Vellos entre os conxuntos do Numancia e o Galicia de Caranza . O Numancia caeu derrotada fronte un equipo lixeiramente superior, mellor colocado no terreo de xogo e que en todo momento tivo o encontro controlado. Os aresáns que deron a cara en todo o encontro tiveron algunhas ocasións claras de gol para recortar distancias no marcador pero foron incapaces de materializalas.
A primeira metade estivo bastante igualada e non houbo un dominador claro, aínda que os ferroláns chegaban á meta aresá con máis perigo. O único gol desta primeira metade chegou cando transcorría o minuto trinta. Corner a favor do Caranza, a defensa aresá rexeita o esférico, Felipe controlao no bordo da área e bate a Carlos de forte disparo.
Na segunda metade os aresáns non se atoparon tan cómodos como na primeira, pouco a pouco foron cedendo terreo e o Caranza fíxose dono do medio campo e do xogo e os goles non tardaron en caer do seu lado. No minuto 43, roubo de balón no círculo central, rapidísimo contraataque dos ferroláns que alcanzan a área aresá, o balón chega a Pablo queda só ante Carlos ao que dribla para marcar a porta baleira 0 – 2.
Minuto 57, nova perdida de balón dos aresáns en medio campo, Brayan faise co esférico e de rapidísima cabalgada plántase na área aresá para establecer o 0 – 3.
Minuto 64, xogada pola banda esquerda do Caranza, centro á área e Felipe envía o esférico ao fondo da mallas para establecer o 0 – 4 definitivo.
O árbitro suspendeu o partido no minuto setenta e tres.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.