CADETES: NUMANCIA, 1 - G. MUGARDOS, 0

DEFENSA NUMANTINA ATA A EXTENUACIÓN

Un gol na primeira parte deulle a vitoria ao Numancia.

 

Ares, 26 de agosto de 2017.

ADR Numancia de Ares. Cadetes 2017-2018. Prados Vellos. 25/08/2017 V Trofeo Vila de Ares 2017. Numancia, 1 - G.Mugardos,0A quinta edición do trofeo “Vila de Ares” disputada un ano máis entre o Numancia e o Galicia de Mugardos reservounos unha inesperada vitoria pola dos aresáns despois dunha longa resistencia ante os ataques do rival. Ao final do partido o concelleiro de Ares, José Juan Vilar, entregou os trofeos aos capitáns dos dous equipos. Boa entrada en Prados Vellos.

ALINACIÓN DO NUMANCIA:

Miguel; Alberto, Pablo, Martín, Telmo, Mario Martínez, Mario García, Migui, Marcos, Emilio, e Diego. Tamén xogaron: De Navas, Oscar, Aarón, Maodo, Miguel Leira e Raúl Maceira.

COMENTARIO: O adestrador local, Juan Alberto, envíanos o seguinte comentario: “Primeiro partido da pretemporada coa preocupación lóxica das poucas fichas de xogadores en idade cadete. Soamente 8 fichas dispoñibles polo que a convocatoria ten que completarse con 9 xogadores en idade infantil, dos cales 4 son de primeiro ano. No que se refire ao partido, houbo dúas partes claramente diferenciadas: a primeira parte con dominio alterno pero nas que gozamos nós das ocasións de gol máis claras, e na que fomos quen de facer un xogo máis combinativo, conseguindo o gol despois de dispoñer de tres claras ocasións e varias faltas directas próximas á área rival; xa na segunda parte e co cambio de sistema apostamos por un xogo de repregue intensivo con defensa de 5 na que a consigna era a de xogar xuntos con boas basculacións e axudas constantes para intentar roubar balón e saír rápido á contra. O control do balón foi do Mugardos que tivo varias ocasións de gol, aínda que De Navas non tivo demasiado traballo. Fomos capaces de manter a intensidade defensiva, procurando non desordenarnos pese á dificultade de non ter o balón, e tivemos varias posibilidades de contra que non soubemos aproveitar. Se cadra o resultado máis xusto puidese ser o empate.

ADR Numancia de Ares. Cadetes 2017-2018. Prados Vellos. 25/08/2017 V Trofeo Vila de Ares 2017. Numancia, 1 - G.Mugardos,0 ADR Numancia de Ares. Cadetes 2017-2018. Prados Vellos. 25/08/2017 V Trofeo Vila de Ares 2017. Numancia, 1 - G.Mugardos,0

ADR Numancia de Ares. Cadetes 2017-2018. Prados Vellos. 25/08/2017 V Trofeo Vila de Ares 2017. Numancia, 1 - G.Mugardos,0 ADR Numancia de Ares. Cadetes 2017-2018. Prados Vellos. 25/08/2017 V Trofeo Vila de Ares 2017. Numancia, 1 - G.Mugardos,0

Contentos polo esforzo e a capacidade de xogar con certo criterio sen balón e, sobre todo, polo compromiso dos xogadores.”

FORZA NUMAN!

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.