CADETES: NUMANCIA, 9 – PORTUARIOS “B”, 0.

DEBUT CON GOLEADA

Primeiro partido de liga (1ª fase) da temporada 2015-16 dos cadetes adiantado á xornada do xoves debido á celebración durante o fin de semana do VII Memorial Pedro García Vilar de Fútbol-8 nas instalacións de Prados Vellos.
 

Ares, 10 de setembro de 2015.

FICHA TECNICA

NUMANCIA: Álvaro (Jorge), Cristian (Josema), Jaime, Raúl, Lemos (C), Dani, Cavezza, Saúl, Alex Feal (Diego), Fran Anido (Iván) e Alex Saavedra.

Adestrador: Marcos Antonio Amor Roel.

Delegado: Francisco Manuel Iglesias Pena.

PORTUARIOS “B”: Beade (Miranda), Izan, Isma, Marco (Javi), Pablo, Antía, Antón (C), Gabi, Juan, Gero (Andrea) e Jorge (Iván).

Delegado: David Muiño Calvo.

ARBITRO: Roberto Domínguez Janeiro. Amosoulle cartón amarelo a os visitantes Gero e Antón.

GOLES:

1 - 0: RAUL (min. 7), saque de esquina que remata de cabeza Raúl.

2 - 0: RAUL (min. 9), centro de Fran Anido desde o pico esquerdo do área que remata Raúl á caída no segundo pau.

3 - 0: ALEX SAAVEDRA (min. 15), rexeite no área logo da saída dun córner que chega a Alex quen marca desde o lateral do área pequena.

4 - 0: CAVEZZA (min. 19), rexeite na frontal que chega a Cavezza quen remata ao fondo da rede.

5 - 0: SAUL (min. 21), golazo de Saúl de lanzamento directo.

6 - 0: CAVEZZA (min. 63), internada por banda dereita de Iván con centro déste ao área que remata Cavezza libre de marca.

7 - 0: SAUL (min. 65), xogada individual de Saúl dentro do área que finaliza cun remate cruzado.

8 - 0: ALEX SAAVEDRA (min. 75), balón en longo que gaña Alex para definir diante do porteiro.

9 - 0: DANI (min. 79), centro de Cavezza para Iván, éste cede a Dani quen marca de disparo raso.


En partido adiantado á tarde do pasado xoves visitaba as instalacións de Prados Vellos o equipo cadete do Portuarios “B” arrincado deste xeito a liga regular 2015-16.
Adestradores Marcos (Numancia) e David (Portuarios B).
O partido tivo pouca historia posto que aos vinte minutos de xogo o resultado xa reflectía un claro 5 - 0 a favor dos de Ares. Nos que restou de primeiro periodo o asedio local sobre a área visitante foi constante dispoñendo os locais de varias ocasións para incrementar o marcador. O Portuarios apenas logrou pasar do medio do campo ante o empuxe aresán. Finalmente as ocasións numantinas non se transformarían en gol polo que marchamos ao descanso co resultado coñecido de 5 - 0.

Comezaba a segunda metade cuns primeiros vinte minutos de máis igualdade e nos que os ferrolanos conseguiron crear algo de perigo no área local. Nunha das ocasións o dianteiro era derribado na a área sendo moi protestada a xogada pola parroquia visitante. Posteriormente Gero lanzaba un forte zapatazo que marchaba por encima do longueiro. Transcorrido este periodo de igualdade os de Ares puxeron unha marcha máis e os goles foron caendo do lado local ata alcanzar o resultado final de Numancia 9 - *Portuarios “B” 0.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.