CADETES. NUMANCIA, 2 – AS PONTES, 3.

PABLO FERRO: MERECIMOS MAIS

Décimo-novena xornada correspondente ó campionato de Liga Local de Cadetes Coca Cola Grupo No.3 xogado no serán do sábado en Prados Vellos e que finalizou coa vitoria dos visitantes. Ao descanso chegouse coa vitoria do As Pontes por 0 - 2.
 

Ares, 18 de abril de 2015.

FICHA TÉCNICA:

NUMANCIA: Álvaro, Carlos, Javi (Saul), Raul, Pablo Ferro (C), Fran, Pablo Cavezza, Pablo Vascos, Alex, Antón e Luis (Dani).

Adestrador: Daniel Iglesias Montero.

2º adestrador: Antonio Vilar Carballeira.

Delegado: Javier Aneiros Martinez.

AS PONTES: Malena (Paulino), Manuel (Sergio Cazas), Bruno (Sergio Otero), Sergio Fraga, Anton, Ayrton (C), David, Xosé, Alejandro, Carlos (Andres) e Daniel (Adrián).

Adestrador: Marcos Bouza Vérez.

Delegado: Jesús Fernández López.

COLEXIADO: Francisco López Gómez. Amoestou a Xose do As Pontes e Carlos do Numancia.

GOLES :

0 – 1: Ayrton (min. 37) – Falta en banda dereita e remate de cabeza do centrocampista visitante que bate a Álvaro.

0 – 2: Daniel (min. 40) – Boa xogada combinativa dos visitantes en ataque e Daniel marca sen oposición dende o borde da área grande.

0 – 3: Xosé (min. 52) – Xogada por banda esquerda ata liña de fondo do As Pontes, pase da morte e Xosé marca a pracer no segundo pau.

1 – 3: Anton (min. 56) – Falta botada por Raul que Dani remata de volea, e Anton marca tralo rexeite da porteira visitante.

2 – 3: Dani (min. 59) – Córner botado por Antón en banda dereita e gran remate de cabeza de Dani dentro da área pequena que bate á porteira visitante.

COMENTARIOS DE  PABLO FERRO......
Numancia de Ares. PABLO Ferro, capitán do equipo de cadetes nun lace do xogo.
A XOGADA DO PARTIDO. Cal foi a mellor xogada do partido?. Cóntaa

Foi o primeiro gol do Numancia, onde Anton marca tralo rexeite da porteira do As Pontes tras unha gran volea de Dani.

CLAVE. Houbo algunha circunstancia ou acción que influíra directamente no resultado final? Explícaa.

Si, o árbitro non estivo ben e creo que nos prexudicou sinalando varios foras de xogo e faltas que non foron.

ACTUACIÓN PERSOAL. Estás satisfeito coa túa actuación neste partido? Comenta os aspectos positivos e aqueles nos que podes mellorar.

Si, hoxe estou satisfeito coa miña actuación. Eu creo que o meu aspecto máis positivo é a velocidade sen balón e o desmarque. O peor é que teño que mellorar no control e toque do balón.

O EQUIPO. Analiza o xogo do teu equipo, indicando o que fixo ben e os erros que se cometeron.

Hoxe xogamos ben, sobre todo, no segundo tempo, e tivemos ocasións de gol, para polo menos empatar o partido. Deféndemos moi ben aínda que debemos de fixarnos mais á hora das marcas nos balóns parados.

O RIVAL. Que destacarías do equipo contrario? Algún xogador? O xogo en equipo? A defensa? A dianteira?

Do As Pontes destacaría o bo bloque coma equipo, sobre todo no centro do campo. Gustáronme os xogadores Ayrton (capitán) e Andrés.

O próximo fin de semana os cadetes do Numancia teñen xornada de descanso.

Pulsa no seguinte enlace para ver resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.