CADETES. PERLIO, 1 - NUMANCIA, 4.

RAUL: GRAN SEGUNDA METADE

Décimo-oitava xornada correspondente ó campionato de Liga Local de Cadetes Coca Cola Grupo 3 disputado na maña do sábado no campo de Os Pinares (Perlío), e que finalizou coa vitoria dos aresáns. Ao descanso chegouse coa vitoria do Numancia por 0 - 1.

 


Fene, 11 de abril de 2015

FICHA TÉCNICA:

PERLIO: Julián, Joao Alexis, Cristián, Miguel, José Antonio, Daniel, Joel (Hugo), Diego, Xabier (Javier), Bruno Rey (C) e Lois (Bruno Diaz).

Adestrador: Óscar Varela Sanmartín.

Delegado: Francisco Eugenio Caldevilla Santos.

NUMANCIA: Álvaro (Josema), Carlos, Javi, Raúl, Alex, Fran, Pablo Ferro (C), Pablo Cavezza, Antón, Luis e Cristián.

Adestrador: Daniel Iglesias Montero.

2º adestrador: Antonio Vilar Carballeira.

Delegado: Javier Aneiros Martínez.

COLEXIADO: Jose Priegue Leis. Amoestou a Javi do Numancia.

GOLES:

0 – 1: Raúl (min. 12) – Córner botado por Antón dende a banda esquerda e gran cabezazo de Raúl.

0 – 2: Pablo Cavezza (min. 44) – Gran pase de Raúl as costas da defensa para P. Cavezza, quen marca cunha vaselina ante a saída do porteiro local.

0 – 3: Pablo Cavezza (min. 46) – Pase de Cristián a P. Cavezza, quen cunha gran xogada individual marca ante a saída do porteiro local.

0 – 4: Luis (min. 68) – Gran disparo de Luis dende 25 mtrs que sorprende por alto ao porteiro do Perlio. Golazo ¡¡¡¡

1 – 4: Bruno Rey (min. 75) – Falta executada polo Perlío que sorprende a defensa aresana e Bruno marca sen oposición.

COMENTARIOS DE RAUL ......
RAUL defensa do equipo cadete do Numancia de Ares.
A XOGADA DO PARTIDO. Cal foi a mellor xogada do partido?. Cóntaa

Sen dubida o meu gol, cun gran cabezazo dentro da área pequena.

CLAVE. Houbo algunha circunstancia ou acción que influíra directamente no resultado final? Explícaa.

Non, estivo todo moi correcto.

ACTUACIÓN PERSOAL. Estás satisfeito coa túa actuación neste partido? Comenta os aspectos positivos e aqueles nos que podes mellorar.

Si, hoxe estou satisfeito coa miña actuación. Eu creo que o meu aspecto máis positivo é a colocación en defensa e o peor é que non teño moita velocidade nin técnica.

O EQUIPO. Analiza o xogo do teu equipo, indicando o que fixo ben e os erros que se cometeron.

Hoxe xogamos ben no segundo tempo, sobre todo, en defensa e no centro do campo, e por iso creamos moitas ocasións de gol. Hoxe merecimos marcar 2 ou 3 goles mais. O peor é que as fallamos .

O RIVAL. Que destacarías do equipo contrario? Algún xogador? O xogo en equipo? A defensa? A dianteira? …

Do Perlío non destacaría nada como equipo. So gustoume o seu dianteiro, Bruno Rey.

Este sábado 18, as 16:15 h, o Numancia recibe na 19ª xornada de Liga ao segundo clasificado da competición que se está a xogar a fase de ascenso a Liga Galega, o CD As Pontes.

Pulsa no seguinte enlace para ver resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.


 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.