Cadetes.Presentación do equipo.

S.D.R. Numancia de Ares. Temporada 2009-2010. Presentación equipo de CadetesO 17 de agosto ás 19:00 h tivo lugar nas instalacións de Prados Vellos a presentación do equipo de cadetes para a tempada 2009 - 2010. 

Manuel Fernández Vicepresidente do Club e Delegado do equipo deu a benvida aos xogadores aos que dispensou unhas palabras de agradecemento e animo, pois estes mesmos rapaces foron os campións da liga infantil na tempada 2007 - 2008. Deseguido expúxolles as pretensións da Directiva de cara á nova tempada. A continuación tomaron a palabra Fran e Dani, adestradores do equipo, que expuxeron cales ían ser as pautas de traballo e cales eran os obxectivos marcados.
O equipo está constituído polos seguintes xogadores:
Ángel, Antonio, Brayan, Carlos, Cristián, Cartelle, Edu, Javier, Pepe, Miguel, Quique, Piñeiro, Ricardo, Roque, Xaime e os infantís Adrián, David e Juan.
 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.