CADETES. O VAL, 0 - NUMANCIA, 1.

LUIS: FIXEMOS UN BO PARTIDO DEFENSIVO.

Undécima xornada e última da primeira volta correspondente ó campionato de Liga Local de Cadetes Coca Cola Grupo No.3 que finalizou coa vitoria do Numancia. Ao descanso chegouse con empate a ceros.



Sinde, 14 de febreiro de 2015.

FICHA TÉCNICA:

O VAL: Sergio (Roberto), Hector (Pablo), Ivan Pérez, Paulo (Carlos), Bruno, Ivan Rodriguez (C) (Jorge), Samuel, Daniel, Imanol (Adan), Matías e Gonzalo.

Delegado: Juan Permuy Barbero.

NUMANCIA: Jorge, Carlos, Javi (Cristián), Raúl, Alex, Fran, Pablo (C), Adrián, Antón, Luís e P. Cavezza (Ivan).

Adestrador: Daniel Iglesias Montero.

2º adestrador: Antonio Vilar Carballeira.

Delegado: Javier Aneiros Martínez.

COLEXIADO: José L. Corral Franco. Mostrou tarxetas amarelas a Antón, Javi e Fran polo Numancia.

GOLES:

0 – 1: Antón (min. 48) – Xogada por banda esquerda de Pablo quen cun gran disparo estrela o balón na cruceta, e o rexeite recólleo Antón e marca sen oposición.

Trás o remate desta primeira volta, os aresáns sitúanse na sétima posición con 12 puntos (4 vitorias e 6 derrotas). A próxima semana os cadetes viaxan a Cariño onde agardemos manteñan o gran nivel do xogo amosado contra O Val.

COMENTARIOS DE LUIS....
LUIS centrocampista cadete do Numancia de Ares.
A XOGADA DO PARTIDO. Foi o noso gol, no que Pablo cun gran disparo estrela o balón na cruceta e Antón moi atento marca a pracer.

CLAVE.  Non houbo ningunha circunstancia ou acción que influíra no resultado, o partido foi moi disputado e o árbitro estivo bastante ben.

ACTUACIÓN PERSOAL. Eu non estou satisfeito do meu partido, xa que, puiden aportar moito máis ao equipo. Principalmente teño que mellorar no fondo físico e tamén na resistencia, ás veces, voume do partido.

Os meus aspectos máis positivos son o control do balón e a técnica.

O EQUIPO. Hoxe estivemos moi ben, sobre todo, en defensa e na portaría, na que Jorge, transmitiu seguridade ao equipo. Cometemos algún erro no medio do campo, sobre todo, na primeira metade.

O RIVAL. Saen sempre co balón xogado dende a defensa e xogan en equipo.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.