CADETES. NUMANCIA, 2 - PORTUARIOS, 4

NON BAIXARON OS BRAZOS

Unha vez máis os nosos cadetes, reforzados con catro infantís, competiron con dignidade ante un rival superior.
 
 
 
Ares, 7 de febreiro de 2015
 
Partido correspondente á décima xornada da Primeira Autonómica cadete, grupo terceiro, Copa Coca Cola, disputado no campo de Prados Vellos que finalizou coa vitoria do Portuarios. Ao descanso chegouse coa vitoria dos visitantes por 1 – 3 .
 
FICHA TÉCNICA.
 
ALIÑACIÓNS:

NUMANCIA: Jorge Chaparro; Álex Feal, Adrián, Raúl, Lemos (Martín), Pablo Ferro (C), Fran Anido, Dani (Pablo Cavezza), Antón (Cristian Guijarro), Luís e José Carlos (Cristian). 

Adestrador: Daniel Iglesias Montero.
 
2º adestrador: Antonio Vilar Carballeira.

Delegado: Javier Aneiros Martínez.

PORTUARIOS: Roi, Moisés, Miguel, Santiago (C), Jaime (Diego Pantín), Diego Durán, Xabier (Jonathan), Pablo, Gonzalo (Carlos), Alejandro e Jerico.

Adestrador: David Muíño Calvo.

Delegado: Francisco Durán Bermúdez.

ÁRBITRO: Iván García Rey. Sen incidencias.  

GOLES:
 
0 – 1: Jaime (min. 6) – Falta en banda esquerda, Jorge despexa mal coa mans e o rexeite dálle ao dianteiro do Portuarios e o balón entra na portería aresán. 

1 – 1: Raul (min. 14) – Centro de Luís por banda dereita e disparo de Raúl dentro da área pequena que sorprende ao porteiro visitante. 

1 – 2: Xavier (min. 26) – Contragolpe por banda dereita, centro ao segundo pau e moi atento marca o xogador visitante. 

1 – 3: Pablo (min. 39) – Falta en banda esquerda, fallo defensivo na marca que propicia o gol tras un gran remate de cabeza do xogador visitante. 

1 – 4: Carlos (min. 59) – Centro á área da portería aresán e tras varios rexeites non demos sacado o balón , cousa que aproveitou Carlos para marcar dentro da área pequena. 
 
2 – 4: Luís. (min. 79) – Falta indirecta ao borde da área que é tocada por Fran e Luís marca cun gran disparo.
 
 
 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.