CADETES. R. FERROL “B”, 10 – NUMANCIA, 1.
LECCION DE FUTBOL.
Cuarta xornada correspondente ó campionato de Liga Local de Cadetes Coca Cola Grupo No.3 que finalizou coa clara vitoria dos locais. Ao descanso chegouse coa vitoria dos racinguistas por 4 - 0.
A Gándara, 13 de decembro de 2014.
FICHA TECNICA
RACING C. FERROL “B”: Marcos Amado (Lois), Marcos Alonso (Joaquin), Daniel Breijo, Alejandro Lopez, Mario (C), David, Alejandro Lama (Diego), Cibrán, Luis, Manuel e Fernando (Miguel).
Adestrador: Ignacio Garcia Rodriguez.
Delegado: José Vicente Seoane Rey.
NUMANCIA: Álvaro, Alex (Antonio), Javi (Nacho), Raúl, Pablo (C), Adrián, Carlos (Saúl), Fran, P. Cavezza (Dani), Antón e Luis.
Adestrador: Daniel Iglesias Montero.
2º adestrador: Antonio Vilar Carballeira.
Delegado: Javier Aneiros Martinez.
COLEXIADO: Martin Zakaryan. Amoestou con tarxeta amarela a Adrián e Luis do Numancia.
GOLES:
R. Ferrol “B”: Manuel (6) e Luís (4).
Numancia: Fran.
COMENTARIO:
Unha primeira metade onde os aresáns saíron con moitas precaucións defensivas ante o dominio de xogo dos locais. Os primeiros 15 minutos foron os que mellor xogamos e non pasabamos por moitos apuros ata que nun claro erro defensivo os locais marcaron o primeiro gol. A partir de ahi, os aresáns baixaron a súa intensidade e unha sucesión de erros defensivos fixeron cos locais marcaran ata 4 goles antes de chegarse ao descanso cun claro 4 - 0.
Pésima segunda metade onde os aresáns saíron igual, sen intensidade, sen gañas e defensivamente moi mal. En ataque só creabamos perigo nas xogadas a balón parado. Os locais estiveron moi acertados cara a gol e os visitantes moi mal en defensa. Ao final clara e contundente derrota dos aresán ante o líder da categoría, que nos deu unha lección de como xogar ao fútbol.
En resumo, o resultado o di todo, sen comentarios, os locais nos deron un baño de fútbol.
Na seguinte fin de semana, recibimos ao Meirás no que desexamos olvidarnos o mais rápidamente posible deste pésimo partido.
Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados, clasificación e fichas técnicas da xornada.