CADETES. NUMANCIA, 9 - CARIÑO, 0.

MOI BO COMENZO NA LIGA

Primeira xornada correspondente ó campionato de Liga Local de Cadetes Coca Cola Grupo No.3 que finalizou coa vitoria dos aresáns. Ao descanso chegouse coa vitoria local por 2 - 0.
 


Prados Vellos, 22 de novembro de 2014

FICHA TÉCNICA

NUMANCIA: Álvaro, Carlos, Javi, Raul, Alex, Adrián, Antonio (Luis),  Fran, Nacho (Cristián), Pablo (C) e Marcos (Dani).

Adestrador: Daniel Iglesias Montero.

2º adestrador: Antonio Vilar Carballeira.

Delegado: Javier Aneiros Martínez.

CARIÑO: Carlos Pernas, Martin (Borja), David, Julen, Brais, Andrea, Carlos Balado, Fran, Cristián, Sergio (Adrián) e Alexandre (C).

Delegado: Aitor Piñeiro Lobo.

COLEXIADO: Agustin Eguren Prieto. Amoestou con dobre tarxeta amarela a Brais do Cariño.

GOLES:

1 – 0: Pablo (min. 16) – Disparo dende o borde da área que entra pegado ao pau dereito do porteiro visitante.

2 – 0: Antonio (min. 40) – Pase de Nacho a Pablo escorado por banda dereita, centro á área e Antonio marca na liña de gol.

3 – 0: Fran (min. 44) – Balón roubado no centro do campo, pase de Pablo a Fran quen marca sen oposición.

4 – 0: Dani (min. 48) – Gran saque de portería de Álvaro, que controla Cristián, pasa a Dani quen marca ante a saída do porteiro visitante.

5 – 0: Pablo (min. 61) – Pase de Adrián a Pablo dentro da área pequena, dispara, para o porteiro visitante, pero recolle o seu rexeite e no seu segundo disparo non perdoa.

6 – 0: Luis (min. 67) – Contragolpe dos locais, pase de Fran a Pablo, e éste a Luis quen marca sen oposición ante a saída do porteiro.

7 – 0: Luis (min. 71) – Xogada persoal de Luis por banda esquerda e bate ao porteiro visitante cun forte disparo.

8 – 0: Pablo (min. 75) – Gran pase de Dani a Pablo quen define cun disparo pegado au pau..

9 – 0: Dani (min. 77) – Dani vaise do seu defensor e define cunha perfecta vaselina.

COMENTARIO:

Unha primeira metade onde os aresáns saíron con moitas precaucións defensivas pero tendo sempre o control de xogo. O Cariño so creaba certo perigo nas xogadas a balón parado. O Numancia dispuxo de moitas ocasións de gol, antes de que Pablo no minuto 16, inagurase o marcador. A partir do gol, seguimos igual, tendo o control do partido e antes do descanso Antonio marcaba un segundo gol, chegándose ao descanso coa vitoria dos aresáns por 2 - 0.

Na segunda metade, os aresáns seguiron igual, coa mesma intensidade, facendo boas xogadas combinativas e ademais estiveron moi acertados cara a gol. O equipo visitante estaba desbordado ante as acometidas dos aresáns e non dispuxeron de ningunha clara ocasión de gol. Froito dese dominio no xogo, foron caeron os goles a favor dos locais, ata marcar un total de 9 goles.

En resumo, moi bo partido dos aresáns, noraboa rapaces. A seguir así.

Na vindeira fin de semana, viaxamos ao campo do Caranza, no que agardamos manter este gran nivel de xogo.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados e clasificación desta xornada.


 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.