CADETES. MIÑO, 0 - NUMANCIA, 3.
MOI BO PARTIDO DOS ARESÁNS
Decima xornada correspondente ó campionato de Copa Local de Cadetes no grupo No.1 que finalizou coa vitoria dos aresáns. Ao descanso chegouse coa vitoria visitante por 0 - 2.
Gallamonde, 7 de novembro de 2014.
FICHA TECNICA
MIÑO: Constantino (Pablo), Iago, Eduardo, Marcos, Raúl (C), Iván (Alvaro), Oscar, Brezo (Ignacio), Alberto Barros (Santiago), Alberto Herreras (Ruben) e Enrique.
Adestrador: Javier Valiño Buyo.
2º entrenador: Javier Forcelledo López.
Delegado: José M. Díaz Cortes.
NUMANCIA: Álvaro, P. Cavezza, Raúl, Javi, Alex, Adrián, Cristián, Saul (Carlos), Pablo (C), Ivan (Fran) e Marcos (Antonio).
Adestrador: Daniel Iglesias Montero.
2º adestrador: Antonio Vilar Carballeira.
Delegado: Javier Aneiros Martínez.
COLEXIADO: Francisco Lopez Gomez. Amoestou con tarxeta amarela a Fran do Numancia.
GOLES:
0 – 1: Ivan (min. 2) – Pase de Javi a Marcos, éste a Pablo por banda esquerda quen centra dende liña de banda e Ivan marca cun disparo dentro da área pequena.
0 – 2: Pablo (min. 37) – Gran pase de vaselina de Adrián as costas da defensa e Pablo moi rápido marca cun forte disparo, ante a saída do porteiro local.
0 – 3: Fran (min. 73) – Falta directa botada por Fran que toca na barreira e se cola dentro da portería do Miño.
COMENTARIO:
Unha primeira metade con claro dominio visitante, onde os aresáns levaron o peso do partido, con moi boas xogadas combinativas, contraataques, presión, e ademais estiveron moi acertados cara a gol. Na primeira ocasión do Numancia, marcaba Ivan nunha boa xogada individual de Pablo. O equipo local non creaba perigo e só con algunha falta ou córner inquietaban á porteira defendida por Álvaro. O Numancia fixo unha gran primeira metade, sobre todo en defensa. No minuto 37, nun moi bo pase de Adrián, Pablo marcaba un segundo e case definitivo gol, chegándose ao descanso cunha clara vitoria por 0 - 2.
Na segunda metade os aresáns baixaron un pouco o ritmo e aínda así dispuxeron de claras ocasións de gol para incrementar o marcador. O Miño, tivo mais o balón, pero non dispuxo de ningunha clara ocasión de gol. No minuto 73, Fran con certa fortuna, marcaba de falta un gol que cerraba o partido, cun claro 0 - 3.
En resumo, moi bo partido dos aresáns sobre todo na primeira metade. Noraboa rapaces.
O seguinte partido e última xornada da copa, visita Prados Vellos o Portuarios “B” e agardemos que os cadetes manteñan o nivel de xogo ofrecido hoxe en Miño.
Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados e clasificación desta xornada.