CADETES. G. DE CARANZA "B", 6 - NUMANCIA, 1

AGUANTOUSE ATA ONDE CHEGARON AS FORZAS.

Sétima xornada correspondente ó campionato de Copa Local de Cadetes no grupo No.1 que finalizou coa vitoria dos locais. Ao descanso chegouse coa vitoria local por 2 - 1.

 


Caranza, 18 de outubro 2014

FICHA TECNICA

GALICIA DE CARANZA “B”: Bruno Penas (Bruno Noya), Luis, Ivan (Álvaro), Edgar, Sergio, Javier Luaces (C), Diego (Roberto), Oscar (Marcos), Jose Luis (Javier Lopez), Borja e Iago.

Delegado:  David Pérez Fernández.

NUMANCIA: Álvaro, Carlos, Javi, Raul, Pablo (C), Adrián (Antonio), P. Cavezza, Fran, Alex, Luis e Marcos.

Adestrador: Daniel Iglesias Montero.

2º adestrador: Antonio Vilar Carballeira.

Delegado:  Javier Aneiros Martínez.

COLEXIADO: Tomas Lorenzo Castro. Sen incidencias.

GOLES:

0 – 1: P.Caveza (min. 24) – Pablo rouba o balón e lanza un contragolpe con pase a Luis, e éste a P. Cavezza quen marca ante a saída do porteiro local.

1 – 1: Jose Luis (min. 27) – Disparo dende fora da área e Álvaro non e capaz de atallar o balón.

2 – 1: Borja (min. 33) – Boa xogada combinativa do Caranza e Borja dentro da área pequena marca sen oposición.

3 – 1: Iago (min. 52) – Xogada por banda dereita centro á área, Carlos a contrapé non pode darlle ao balón e o dianteiro local marca a pracer.www.numanciadeares.es

4 – 1: Álvaro (min. 67) – Xogada por banda esquerda e gol do seu extremo cun disparo que pega no pau e entra na porteira aresana.

5 – 1: Marcos (min. 71) – Despiste defensivo e Marcos entra polo centro da defensa e en dobre disparo bate a Álvaro.

6 – 1: Iago (min. 74) – Córner por banda dereita e remate do dianteiro local sen oposición dentro da área pequena.

COMENTARIO:

O equipo de cadetes desprazabase este pasado sábado ata Caranza en cuadro. Con tan so doce xogadores, e dous deles salientes de unha enfermidade, os de Ares tiveron que facer fronte ao segundo clasificado do grupo.

Na primeira metade os aresáns saíron ben plantados no campo, aínda que o Caranza tiña o dominio de xogo, non nos crearon ningunha clara ocasión de gol e só con pequenos disparos dende fora da área inquedaban a portería defendida por Álvaro. No minuto 20 chegou unha xogada fortuíta e Adrián lesionábase no xeonllo e tiña que abandonar o partido. Antonio saía ao campo e xa non nos quedaban mais cambios. No minuto 24, P. Cavezza marcaba un contragolpe e nos adiantabamos no marcador. Nun erro do porteiro aresán o Galicia lograba empatar o partido. Todo seguía igual, o Galicia tiña a pelota e nos defendiamos con moito orde e no minuto 33, nunha boa xogada combinativa dos locais, marcaban un segundo gol. Ao final chegouse ao descanso coa vitoria dos locais por 2 - 1.

Na segunda metade os aresáns saíron igual, pero a raíz do terceiro gol dos locais e co paso dos minutos os aresáns foron perdendo forza e os locais foron marcando goles un tras outro ata a resultado final dun 6 - 1. Temos que salientar a loita e garra dos xogadores aresáns ata o final do partido a pesar do resultado.

En resumo, quedémonos coa boa primeira metade do partido, no que o Galicia non foi superior a nós. Na segunda metade, condicionados polo cansazo e a falta de efectivos , aguantouse ata onde se puido.

O próximo fin de semana toca xornada de descanso. Vémonos dentro de 15 días en Prados Vellos, onde os de Ares recibiran a visita do Narón.

Pulsa no seguinte enlace para ver os resultados e clasificación desta xornada.

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.