CADETES. MANIÑOS, 2 - NUMANCIA, 1.

XUSTA DERROTA EN MANIÑOS

Quinta xornada correspondente ó campionato de Copa Local de Cadetes no grupo No.1 que finalizou con vitoria os locais. Ao descanso chegouse coa vitoria local por 1 - 0.

 


O Pote (Maniños), 4 de outubro de 2014.

FICHA TECNICA

MANIÑOS: Ruben, Alberto, Borja, Bruno, David (Diego Salgado), Geoffrey (Diego Suarez), Adrián, Raul, Agustín (C), Joaquin (Andrés) e Ramón.

Adestrador: Francisco Brage Martínez.

 

Delegado: Jorge Cagigal García.

NUMANCIA: Álvaro (Jorge), Carlos (Jaime), Adrián, Raul, Javi, P. Vascos, Antonio (Martin), Fran, Alex (Ivan), Luis e Pablo (C).

Adestrador: Daniel Iglesias Montero.

2º Adestrador: Antonio Vilar Carballeira.

Delegado: Javier Aneiros Martínez.

COLEXIADO: Cristián Santos Gonzalez. Expulsou con tarxeta vermella directa a Diego Salgado do Maniños e amoestou con amarela a Adrián e a Raúl do Numancia.

GOLES:

1 – 0: Joaquín (min. 24) – Disparo dende fora da área dun xogador local e Álvaro non e capaz de atallar o balón e o dianteiro local sen oposición marca a pracer.

2 – 0: Agustín (min. 58) – Córner por banda esquerda dos locais e Agustín cun remate de cabeza bate a Jorge.

2 – 1: Luis (min. 75) – Falta directa lanzada por Luis en banda dereita e o porteiro local non e quen de atallar.

 



COMENTARIO:

Unha primeira metade onde os aresáns saíron con moitas precaucións defensivas ante o dominio do xogo e o empuxe dos locais. Eles levaron o peso do partido e tiveron dúas claras ocasións de gol que parou Álvaro. No minuto 16, o Maniños fallou un claro penalti feito por Carlos. Froito dese dominio chegou o primeiro gol dos locais tras un erro de Álvaro. O Numancia nesta primeira metade non tirou ningunha vez entre os tres paus. Así chegouse ao descanso coa vitoria dos locais por 1 – 0, e temos que dar grazas polo marcador.

Na segunda metade todo seguiu igual, o Maniños levaba o peso do partido e nos intentabamos defendernos como podíamos das acometidas locais. Nun córner o Maniños facía un segundo gol que parecía sentenciar o encontro. So nos últimos 15 minutos de xogo, os aresáns empezaron a xogar ao fútbol. No minuto 75 Luis facía un gol de falta directa que daba esperanza aos aresáns para intentar empatar o partido. No minuto 77, Pablo tivo un man a man contra o porteiro local pero o seu disparo foi fora. De aí ao final, moito empuxe dos aresáns que tiveron unha clara dobre ocasión de gol, cun disparo de Adrián que saca un defensa na liña de gol e o rexeite o remata Martin pero o seu disparo sae por enriba do longueiro. Unha magoa.

E non houbo tempo para mais, cun resultado que facía xustiza ao visto no terreo de xogo, o Maniños foi superior a nos e mereceu a vitoria.

Na seguinte fin de semana, visita Prados Vellos, o Racing San Pedro, e desexamos que os cadetes melloren a imaxe dada hoxe en Maniños.

PICA AQUI para ver os resultados da xornada e a clasificación.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.