CADETES. II TROFEO VILA DE ARES, NUMANCIA, 4 - MUGARDOS, 2.

DECIDIU A MAIOR PEGADA DOS ARESÁNS

Partido correspondente ao II Trofeo Vila de Ares que finalizou coa vitoria do Numancia. Ao descanso gañaban os visitantes por 1 - 2.

 


Prados Vellos, 1 de outubro de 2014

NUMANCIA: Álvaro (Jorge), Carlos, Adrián, Raúl, Antonio (Jaime), Javi, Iván (Martín), Fran, Alex (Cristián), Luis e Pablo.

GOLES:

0 – 1:  Adrián (min. 10) – Pase ás costas dos defensas locais e Adrián moi rápido bate a Álvaro cunha vaselina.

1 – 1:  Alex (min. 18) – Penalti sobre Pablo e marca Alex.

1 – 2: Adrián (min. 22) – Fallo defensivo dos aresán e Adrián marca a pracer sen oposición.

2 – 2: Cristian (min. 30) – Contragolpe por banda dereita de Pablo quen centra á área pequena e Cristián entrando dende atrás bate ao porteiro mugardés.

3 – 2: Pablo (min. 31) – Balón recuperado no centro do campo, pase a Pablo quen define moi ben ante á saída do porteiro visitante.

4 – 2:  Jaime (min. 38) – Penalti sobre Pablo e marca Jaime.

COMENTARIO:

Primeira metade onde os dous equipos saíron con moitas precaucións defensivas. Ningún deles levou a iniciativa do xogo. Os aresán tiveron claras ocasións de gol pero foi o Mugardos quen se adiantou no marcador. Conseguimos empatar o encontro pero noutro fallo defensivo os visitantes adiantáronse, outra vez no marcador. Logo tivemos 3 claros contragolpes, pero os nosos dianteiros non estiveron nada acertados cara a porta, chegándose ao descanso coa vitoria visitante por 1 - 2.

Na segunda parte, os aresáns saíron con outra cara e dende o comezo empezaron a ter o control do partido. Pero foron nos últimos 20 minutos de encontro onde os locais estiveron moi acertados e marcaron 3 goles que lle deron a volta ao marcador. O Mugardos apenas tivo ocasións de gol e so dispuxo dun disparo que parou moi ben o meta infantil Jorge. E non houbo tempo para mais, chegándose ao remate do partido, coa vitoria do Numancia por 4 - 2.

En resumo, bo partido no que decidiu a maior pegada dos locais ante un Mugardos moi combativo.

Ao final do encontro os capitáns dos equipos recollían o Trofeo das mans do Concelleiro de Deportes do Concello de Ares, D. José Juan Vilar.

 

 

 

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.