CADETES. ORTIGUEIRA, 3 - NUMANCIA, 3

PARTIDAZO EN SAN CLAUDIO

Terceira xornada correspondente ó campionato de Copa Local de Cadetes no grupo No.1 que finalizou con empate. Ao descanso chegouse coa vitoria visitante por 0 - 1.

 

San Claudio (Ortigueira), 20 de setembro de 2014.

FICHA TECNICA:

ORTIGUEIRA: Juan (Daniel), Álvaro ( Adrián Rubido), Borja, Adrián Núñez, Jose Javier, Andrés (C), Diego, Sergio, Pablo, Alberto e Rafael Alexandre.

Adestrador e delegado: Pablo Maseda Álvarez.

NUMANCIA: Álvaro, Carlos (F. Romaus), Adrián, Raul, Javi, Dani (P. Vascos), Marcos (Ivan), Fran, Alex, Luis e P. Ferro (C).

Delegado: Javier Aneiros Martínez.

COLEXIADO: Agustin Eguren Prieto.  Amoestou con tarxeta amarela aos xogadores Borja do Ortigueira e Adrián do Numancia.

GOLES:

0 – 1: Iván (min. 39) – Boa xogada combinativa entre Alex e Iván, quen define cun gran disparo dende o borde da área e bate ao porteiro local.

1 – 1: Rafael Alexandre (min. 42) – Córner por banda dereita e remate de cabeza sen oposición do xogador local que bate a Álvaro.

2 – 1: Rafael Alexandre (min. 44) – Balón roubado no centro do campo, e rápido contragolpe dos locais no que Rafael define cun disparo raso que bate a Álvaro.

3 – 1: Rafael Alexandre (min. 46) – Falta lanzada por banda dereita e gran remate nunha difícil posición do xogador local quen bate a Álvaro.

3 – 2: Fran (min. 57) – Bolea espectacular dende 20 mtrs que bate por alto ao porteiro local.

3 – 3: Luis (min. 75) – Falta maxistral que entra pola mesma escuadra esquerda da porteira do Ortigueira. Golazo.

  



COMENTARIO:

Unha primeira metade onde os aresáns saíron con moitas precaucións defensivas ante o dominio de xogo dos locais. Os locais tiveron dúas claras ocasións de gol que parou moi ben Álvaro. Eles creaban moito perigo nas xogadas a balón parado, xa que teñen 5 xogadores moi altos. O Numancia dispuxo dalgún contragolpe que non soubemos materializar. Pero no minuto 39, nun contragolpe dos aresáns marcaba Iván, chegándose ao descanso coa vitoria dos visitantes por 0 - 1.

Na segunda metade os aresáns saíron durmidos e en apenas 10 minutos os locais marcaron 3 goles, dous deles en xogadas a balón parado. A partir de ahí, os aresáns tomaron o mando do xogo e empezaron a crear perigo. No minuto 57, Fran fai o gran gol cunha volea espectacular dende 20 mtrs que sorprende ao porteiro local. Este gol daba esperanza aos aresáns para intentar empatar o partido. De aí ao final, moito empuxe dos aresáns e no minuto 75, Luis facía o gol da tarde, cunha falta lanzada maxistralmente que entra pola escuadra da portería local. No minuto 79, Fran fai unha gran xogada individual, regateando ata 4 rivais, da o pase a Luis, quen dende o vértice da área pequena e sen oposición, dispara por enriba da portería local. Unha magoa.

E non houbo tempo para mais, cun resultado que facía xustiza ao visto no terreo de xogo, cun mais que merecido empate, ante un gran rival, o Ortigueira.

En resumo, partidazo, noraboa rapaces. A seguir así.

Na seguinte fin de semana, visita Prados Vellos, o Meirás, no que agardamos manter este gran nivel de xogo.

Uso de “cookies” Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos en relación coas súas preferencias mediante ó análise anónimo dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información sobre o uso de “cookies” accedendo a nosa política de “cookies”. Para saber máis sobre as cookies que utilizamos e como eliminar-los, consulta a nosa política de cookies.

Acepto os cookies deste sitio web.